Skip to Content

2021-22

ENTREGA DE PREMIOS DE POESÍA "XAQUINA TRILLO"

Aquí tedes as fotos da entrega de premios á nosa flamante gañadora do 3º Premio de poesía Xaquina Trillo convocado polo concello de Vilagarcía.

Ver album de fotos


    

ENTROIDO 2022

Este ano o Entroido veu cheo de forza e de cor. Aquí vos deixamos imaxes e vídeos da festa celebrada o 25 de febreiro. No concurso de disfraces os premios quedaron distribuídos como segue:

1ºPremio: 2ºESO B 2ºPremio : 2ºBAC C 3ºPremio: 1ºESO A
Accésit: 1ºBAC B

Accésit: 3ºESO A

Accésit: 4ºESOC

Para ver as fotos en grande fai clic aquí

 

DÍA DA PAZ 2022

Esta actividade que foi presentada no instituto polo alumnado para conmemorar o día da Paz (30 de xaneiro) está centrada nunha canción de Tanxugueiras, “ Figa”, polos valores que reflicte a súa letra, tales como o respecto cara os demais, a necesidade de acabar cos prexuízos e vivir sen xulgar nin meterse na vida de ninguén.
Grazas a esta canción reflexionamos nalgúns grupos da ESO  sobre estes temas e outros directamente ligados a ela: a retranca, o refraneiro galego, os valores sociais da canción, a importancia das redes sociais na difusión da música, a evolución da música tradicional galega e o momento de auxe que está a vivir grazas á aparición de diversos grupos e artistas. Incluso fixeron tradución dalgúns versos da canción a outras linguas. Ademais é unha exaltación  da música tradicional galega, na que difundimos o traballo do grupo “Tanxugueiras”.

Coordinado polo EDLG e polo departamento de Música, que foi o encargado de traballar as cuestións musicais nas súas clases, foi un proxecto multidisciplinar no que participaron máis departamentos. Gracias a esta actividade o alumnado concienciouse do poder que ten a música como linguaxe universal, que é independente do idioma que se utilice, que se emprega para expresar e comunicar e que chega a tódas a s persoas.

Ver album de fotos

3º PREMIO DO CONCURSO DE POESÍA "XAQUINA TRILLO"

A nosa alumna Xiyao Hu Zhu vén de gañar o terceiro premio do I Concurso de Poesía en Lingua Galega "Xaquina Trillo". Moitos parabéns!

                      

CALENDARIO "12 MESES 12 LOITAS"

O noso instituto do Carril ten como obxectivo educar no sentido máis amplo da palabra. Este curso , o noso alumnado demostrou unha vez máis as súas dotes artísticas elaborando este magnífico calendario no que representan graficamente 12 loitas sociais dos nosos tempos. Aquí podedes ver unhas imaxes das autoras e do autor.

SEMANAS DAS CIENCIAS EN GALEGO: O CICLO SUPERIOR PARTICIPA NAS SEMANAS DAS CIENCIAS

Para ver o album de fotos da actividade preme na imaxe

No marco das actividades das Semanas das Ciencias en Galego o alumnado de ciclo, guiado polo profesor Luis Garrigós, levou a cabo unha actividade co alumnado de 2ºBAC A. Cunha máquina obtiñan diversos datos relacionados co IMC, peso dos ósos, grasa corporal... Velí a actividade descrita en detalle:

PRÁCTICA CO APARELLO DE BIOIMPEDANCIA PARA ALUMNOS DE 2º BTO

O pasado 17 de decembro o alumnado do ciclo TSAF da área do módulo de Valoración da Condición Física e Intervención en accidentes realizou unhas medicións co aparello de bioimpedancia ao alumnado de 2º BTO.
 A bioimpedancia é unha proba que analiza a composición corporal, indicando a cantidade de músculo, óso e graxa. Esta verificación  realízase mediante balanzas especiais, neste caso coa Tanita BC-602, que teñen  placas metálicas que conducen un tipo de corrente eléctrica débil que atravesa todo o corpo.
Estes aparellos, ademais de mostrar o peso actual e o IMC (Índice de Masa Corporal), ofrecen valores relativos á masa de graxa corporal, brazos e pernas, masa magra, masa muscular, hidratación, densidade ósea, graxa visceral e taxa de metabolismo basal.
Esta práctica finalizou coas probas de dinamometría manual co dinamómetro hidráulico manual Baseline LITE 200Ib e unha medición individual do contorno abdominal cunha cinta métrica antropométrica.

SEMANAS DAS CIENCIAS EN GALEGO: PASAPALABRA EN 1ºESO E 2ºESO

Con motivo do mes da ciencia realizamos uns pasapalabras multidisciplinares entre o alumnado de 1º ESO e 2ºESO. Aínda que a competición foi moi, moi disputada, os grupos gañadores foron 1ºESO A e 2º ESO B.

Premendo aquí abaixo poderás ver as fotos do concurso e máis dos agasallos (un trofeo e máis unha bolsa de bombóns).

SEMANAS DAS CIENCIAS EN GALEGO: RECREOS DINÁMICOS

Para ver o álbum de fotos da actividade fai clic aquí

O martes 14 e o xoves 16 de decembro realizamos nos recreos na biblio distintas actividades:

  • adiviñas
  • crebacabezas especiais
  • tangrams
  • pentaminós
  • xogos de criptografía
  • dominós...

...para desenvolver a intelixencia exercitando as nosas habilidades.

SEMANAS DAS CIENCIAS EN GALEGO: EXPOSICIÓNS

Houbo varias exposicións polo instituto con motivo das Semanas da Ciencia en Galego:

  • Presentación do mes da Ciencia en Galego co manifesto e máis as biografías de Tarsy Carballas e Alan Turing.
  • Exposición de mulleres que co seu traballo, esforzo e talento destacaron nas distintas disciplinas.
Para ver as exposicións fai clic nas imaxes
Distribuir contido


by Dr. Radut