Skip to Content

2021-22

PARTICIPACIÓN NA NOVA EDICIÓN DO PARLAMENTO XOVE

Este ano celebrouse a 13 edición do certame Parlamento Xoven no que participou un grupo de alumnas do noso instituto acompañadas pola súa profesora de Historia, Teresa Rodríguez. Quedaron no 8º lugar, nunha edición na que pasaban 8 equipos dos 22 que foron. A nosa alumna Noa recibiu unha mención á mellor oradora.Parabéns para todo o grupo.

Para quen queira máis información sobre este certame pode consultar este sitio web.

O Parlamento Xove é unha competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización. A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada.

O obxectivo deste programa é potenciar as habilidades individuais e en grupo, entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia. Así mesmo, Parlamento Xove fomenta a lectura, a escritura, o emprego das novas tecnoloxías con fins informativos e culturais e o respecto polas ideas dos demais.

 

Preme sobre as fotos para agrandalas
 

 

ACTIVIDADES POLO 8 M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O grupo de igualdade do noso instituto programou varias actividades arredor do 8M, Día Internacional da Muller. Velaí a nota de prensa publicada para tal ocasión:

Informamos de que no marco da conmemoración do 8M o alumnado de 4º ESO e 1º de bacharelato do IES O Carril participou o venres 18 de marzo pola mañá nun encontro cos colectivos feministas “O Soño de Lilith” e “Feministas de Catoira” no auditorio municipal de Vilagarcía.

Daisy Alcalde e Alejandra Muñiz, representantes da asociación vilagarciana “O Soño de Lilith”, e Vanessa Pérez e Cristina Longo, voceiras de “Feministas de Catoira”, expuxeron a traxectoria das dúas asociacións, as súas motivacións e os obxectivos fundamentais do seu traballo para a concienciación a prol da igualdade e responderon ás preguntas dun alumnado que se amosou participativo e moi interesado. Explicaron e defenderon un feministo transversal onde a loita feminista vai da man da ecoloxía, do antirracismo e da defensa dos dereitos LGTBI+. Subliñaron, pois, a importancia de construír un mundo máis xusto sen opresións e no que as diferenzas non supoñan desiguais oportunidades, tratos ou dereitos.

 

Este acto veuse a sumar ás actividades que nesta semana organizou o grupo de Igualdade do instituto do Carril, que acolle neste momento a exposición da V Edición de Festivala: mulleres creando, facilitada pola asociación “O Soño de Lilith” coa colaboración do concello de Vilagarcía.

 

Entre outras actividades, o alumnado de 2º ESO tivo a oportunidade de coñecer o labor e as reivindicacións da asociación de mariscadoras “Amarcarril” da man de Inma Otero, Rita Vidal e Pupe Jueguen, que visitaron o centro o pasado xoves 17, achegando materiais divulgativos e mesmo ferramentas de traballo.

Os actos do 8M completaron o coñecemento da situación actual das mulleres coa análise da historia dos seus dereitos. Esta quere ser graficamente plasmada nun estudo do alumnado de 3º ESO, que está a elaborar a “Liña do tempo dos dereitos das mulleres” para reflectir o difícil camiño da reivindicación.

Para ver o album de fotos da exposición e dos encontros cos colectivos feministas e as representantes das mariscadoras de Amarcarril podes facer clic nas imaxes

     

NOVA EDICIÓN DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Para descargar fai clic sobre a imaxe

XORNADA SOBRE XESTIÓN DE REFUGALLOS PARA 1º E 2º BACHARELATO DE FRANCÉS

No marco dun traballo sobre écoloxía e medioambiente, o alumnado de Francés de 1º e 2º de Bacharelato visitaron o xoves 17 de marzo pola mañá o Punto Limpo e os composteiros do Piñeiriño onde puideron coñecer de primeira man como se tratan ou reciclan os distintos tipos de residuos e como se transforman os orgánicos en compost.  Na visita ao Punto Limpo, o alumnado estivo acompañado polo xefe do servizo de Medioambiente do Concello, os mestres composteiros e o concelleiro de Obras e responsable do servizo de recollida de lixo e limpeza, Lino Mouriño.

Para ver o album de fotos, clic aquí

Fotografía: Facebook do Concello de Vilagarcía

ENCONTRO DO ALUMNADO DE 1ºESO COA ESCRITORA ANDREA MACEIRAS

Hoxe, 21 de marzo, celebrouse un encontro entre Andrea Maceiras, autora de A folla azul e as súas lectoras e os seus lectores de 1°ESO.

Ver album de fotos

PERCORREMOS A VIDA DE ROSALÍA DE CASTRO NA VOZ DE DANI BARREIRO

O alumnado de 2ºESO fixo unha breve e apaixonante viaxe pola vida de Rosalía de Castro da man de Dani Barreiro, que combinou música e poesía co seu espectáculo “Rosalía en catro poema e catro cancións”.

Ver album de fotos

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

O alumnado de 2ºESO fixo unha breve e apaixonante viaxe pola vida de Rosalía de Castro da man de Dani Barreiro, que combinou música e poesía co seu espectáculo “Rosalía en catro poema e catro cancións”.

Ver album de fotos do recital
 
O EDLG e o Departamento de Galego, coa axuda da nosa rapazada, elaboramos esta liña do tempo da vida e obra de Rosalía de Castro. Ver a liña de tempo
 

Chapas gañadoras no concurso celebrado con motivo do Día de Rosalía no noso instituto do Carril. Para ver máis clic en "album de fotos".

ALBUM DE FOTOS

GAÑADORAS/ES DO CONCURSO DE CARTAS DE AMOR EN CINCO LINGUAS

O 4 de marzo foi a entrega de premios  do concurso "Amor en cinco linguas"

Ver album de fotos da entrega de premios

CADRO DE HONRA

Inglés

  • Alba López González 1º BAC C
  • Alicia García Ramallal 4ºESO C
  • Xiyao Hu Zhu 2ºESO A

Lingua Castelá

 

  • Mauricio José Guldrís Peña 1ºESO C
  • Cristina dos Anjos dos Santos 4ºESO B
  • Paula Ríos García 1º BAC C

Latín

 

  • Ana Ponte Veloso, Brais Giménez Otero,Evelyn Freiría Conde, Marta Martínez Alfonsín, Miguel Ángel de la Torre Rodríguez, Nicol Lois Jiménez e Yasmim da Cruz (1ºBAC C)

Galego

 

  • María Jamardo Campos 1ºBAC B
  • Yago Bouzada Sobrino 2ºESO A
  • Antía Pilar Rodríguez Blanco 3º ESO C

Francés

 

  • Xiyao Hu Zhu 2ºESO A
  • Xián Moure Paz 3º ESO C
  • Belén Rey Correa 1º BAC B


Parabéns para todas/os !

RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS PARA CONTACTOS ESTREITOS DA COVID-19 A PARTIR DO 7/3/22

LISTADO DE RECOMENDACIÓNS DO SERGAS: https://www.sergas.gal/Saude-publica/Recomendacions-preventivas-contactos-estreitos

O pasado 1 de marzo de 2022, tras a valoración da situación epidemiolóxica actual por parte das diferentes comunidades autónomas, a Comisión de Salud Pública del Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud chegou a un acordo a partir do cal se elimina a recomendación de corentenar aos contactos estreitos a nivel comunitario.

Neste acordo establécese a necesidade de dirixir as actuacións a protexer á poboación máis vulnerable, reducindo as medidas que se están a levar a cabo na poboación xeral. Considéranse ámbitos vulnerables a efectos deste documento: centros sanitarios asistenciais (hospitais e centros de diálise), centros sociosanitarios (residencias de maiores, centros de día e discapacidade) e outros centros con persoas institucionalizadas (centros penitenciarios).

Tendo en conta que os centros educativos non se enmarcan como ámbitos vulnerables, as actuacións a seguir neles serán as mesmas que a poboación xeral en canto á identificación e manexo de contactos estreitos: NON se realizará identificación dos contactos estreitos na poboación xeral serán opropios casos os que deben informar aos seus contactos estreitos do diagnóstico de COVID para que extremen as medidas de prevención.

 

Data implantación en Galicia: luns 7 de marzo de 2022 (tendo en conta os días lectivos, a partir de maña 05/03/2022 xa NON será necesario identificar contactos estreitos do ámbito educativo)

Actuación ante contactos estreitos identificados antes da implantación deste acordo: suspenderanse as medidas de corentena/vixilancia indicadas previamente e pasaran a aplicarse as medidas recollidas neste documento.

RECOLLIDA DE MATERIAL DE PRIMEIRA NECESIDADE PARA UCRAÍNA

 Bo día:


Dende a ANPA do instituto queremos facer unha petición. Debido á invasión e ataque bélico que está a sufrir Ucraína, dende diversas asociacións están a facer chamamentos á xente para o envío de material de primeira necesidade.

Fundiciones Rey vai organizar o envío e distribución ata alá, polo que pedimos a vosa colaboración. Na entrada do instituto estarán postas unhas caixas nas que se poderá depositar este material e posteriormente organizaremos o seu traslado ata a fundición. Dende mañá día 4, ata o martes que ven, 8 de marzo, estarán as caixas na entrada. Botade unha man, por pouco que sexa, entre todos podemos axudar, que esta situación non e desexable para ninguén.

O tipo de material que se pide é:


    • Comida para nenos/as e bebés, pañales e leite (pero tamén calquera tipo de alimentos non perecedoiros, latas de conserva (non de cristal), barriñas enerxéticas, galletas tipo maría, sopas instantáneas, leite condensado, cacao, froitos secos...)
    • Material de hixiene: Papel hixiénico, pasta de dentes, cepillos de dentes, xabón, compresas, tampóns, toallitas húmidas, maquinillas de afeitar...)
    • MEDICINAS:Vendas, auga osixenada, alcohol,, bepatem crem, antibióticos, ibuprofeno,  paracetamol...
    • Outros: sacos de durmir, esterillas, lanternas, pilas,  cinta americana gris, filtros para a auga...

             Graciñas.

Xunta directiva da ANPA do IES Miguel Ángel González Estévez

 

Detalle de productos de primeira necesidade:

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut