Skip to Content

2019-20

ENCONTROS DAS LECTORAS E LECTORES DO COLE E DO INSTITUTO DE CARRIL

Rapazas e rapaces de 2ºESO que forman parte do clube de lectura "Tira da Páxina" do noso instituto tiveron un encontro coas lectoras e lectores máis peques do colexio do Carril que forman parte do clube de lectura "Os lóstregos". Houbo lecturas compartidas ao longo de dúas sesións e o público, esixente como era de esperar, non deu queixa. Parabéns!

MAGOSTO 2019

O Magosto deste ano foi festa divertida chea de finais e de premios: a de "Ti si que vales" e o concurso de cabazas. Non esquecemos tampouco os estupendos bolos preñados e as castañas asadas que todos puidemos degustar con pracer. Quedan aquí vídeo e album de fotos para revivir eses momentos.

 VER ALBUM DE FOTOS

O CICLO SUPERIOR TEN UNHA XORNADA COS MAIORES

 

Día 7 de novembro - concello de Sanxenxo - Pavillion de Baltar

O grupo de segundo do ciclo superior TSEASD traballou con persoas da terceira idade e co técnico especialista en actividades físicas nestas idades: Nacho Rebollo para o módulo de "Actividades Físicas para a inclusion social". Queremos agradecer  a todos eles, tecnico e usuarios, que nos permitiran traballar conxuntamente

1º E 2º DO CICLO SUPERIOR FIXERON ACCROBRANCHE

 
Para aumentar as imaxes fai clic en cada foto
 
Esta actividade multiaventura para os dous cursos do Ciclo Superior  foi realizada no Ecoparque de Marín o día 8 de outubro. A actividade está composta de circuitos suspendidos a diferentes alturas e dotados dun número variable de xoogos de diversa dificultade e con tirolinas de ate 120 metros.
 
 

O CICLO SUPERIOR FAI PAINTBALL

O  28 de outubro o alumnado de 2 curso do ciclo superior TSEASD realizou no concello de Caldas Reis no Campo do Lobo unha sesión de Paintball. A práctica desta actividade pertence aos módulos de "Dinamización grupal" e ao de "Actividades de lecer e tempo libre". Como mostra desta actividade quedan estas fotos.
 Preme en cada imaxe para ampliar

XORNADA DE CONTACONTOS EN FRANCÉS

 VER ALBUM DE FOTOS

Fantástica e divertida sesón de contacontos titulada "Conta comigo" na que o alumnado de 1º e 2º da ESO puido seguir as historias tradicionais contadas ao redor do lume e que transmiten os saberes ancestrais dos pobos africanos.

Esta é a presentación do contacontos:

 

 

 

 

Me llamo Samuel Mountoumnjou. Nací en Foumban, una ciudad del oeste de Camerún que sigue conservando muchos elementos de su cultura y de sus tradiciones. En ese contexto me crié, aprendiendo el bamoun, mi lengua materna. Pasando los años, aprendí a apreciar las metáforas y la poesía de ese idioma así como la riqueza literaria y cultural de sus relatos. Escuchando a mi mamá hablar o contar, y a muchas personas mayores del pueblo también, sentí nacer y crecer en mí la pasión por los cuentos y, siendo aún adolescente, me inicié en la narración.

SAMAÍN 2019

Os ciclos superiores TSEASD e TSAF levaron a cabo a animación da festa do Samaín deste curso 2019-20. Todo foi unha sorpresa preparada con moito secreto polo alumnado e a súa profesora Marta.

 

Por unha banda, o alumnado de 1º de TSAF exhuibiu, durante o recreo, unha coreografía de aerobic que representaba o despertar dos zombis do pavillón. Esta actuación tivo unha gran aceptación por parte dos compañeiros e compañeiras do instituto, así como dos profesores e profesoras que se acercaron. Agradecemos a súa participación como espectadores!

 

Por outra banda, o alumnado de 2º TSEASD montou unha casa do terror na que se representaba aos compoñentes dun circo que, tempos atrás, pechara as súas actuacións por motivos aínda hoxe descoñecidos. Esta actividade dirixiuse ao alumnado de 1º e 2º ESO que puido vivir unha experiencia terroríficamente inolvidable.

 

 

NIN+NIN-IGUAIS

Creado un novo blogue do centro, esta vez do equipo docente de igualdade de xénero. Nel irán aparecendo diferentes artigos que aportarán formación e información a toda a comunidade educativa. De especial interese para familias.

Para acceder a el preme na imaxe

RECREOS ANIMADOS POLO CICLO TSEASD

En Carril temos a sorte de contar cun alumnado de 2º curso de TSEASD moi activo  que artellou actividades interesantes e divertidas para os recreos do alumnado. Hai diferentes modalidades para gustos distintos así que todo o mundo pode participar. Ata agora foi todo un éxito. Unha iniciativa fantástica!

Para aumentar a imaxe preme sobre ela




 

 
   ANÍMATE A PARTICIPAR!  

O CICLO TSEASD FAI O CURSO "PROGRESA DIXITALMENTE CON FACEBOOK"

O alumnado de 2º curso do ciclo superior TSEAFD fixo durante toda a mañá de hoxe un curso de manexo das novas tecnoloxías. O curso chámase Progresa dixitalmente con Facebook e é realizado por alumnado de toda España. "Trátase dunha serie de workshops para axudar a lograr o ÉXITO PERSOAL e PROFESIONAL a xóvenes entre 18 e 30 anos." segundo reza na páxina web do Gabinete de Recolocación Industrial en colaboración con Facebook.

Como testemuña da actividade aquí vos quedan estas imaxes.

(Fai clic nas imaxes para amplialas)
Distribuir contido


by Dr. Radut