Skip to Content

Escolares

DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro celebramos no noso instituto o "Día escolar da paz e da non violencia". Para celebrar este evento situaronse uns paneis na entrada principal cheos de mensaxes de paz en relación coa guerra en Siria e máis con situacións da nosa vida diaria. O alumnado aportou os seus proprios desexos de paz.

(Para ver a seguinte diapositiva, fai clic na imaxe).

VER GALERÍA FOTOGRÁFICA

DÍA DA PAZ E DA NON-VIOLENCIA 2012

O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Paz e da Non-Violencia en conmemoración da morte dun dos grandes pacifistas do século XX, Mahatma Gandhi.

pancarta Día da Paz 2012 Día da Paz 2012 (2)
Día da Paz 2012 (3) Día da Paz 2012 (4)

 

     O IES sumouse a esta celebración mediante unha exposición no vestíbulo de entrada onde se aclaran e recordan conceptos relacionados co pacifismo e a loita e resistencia non-violenta, así como as diferentes celebracións que se fixeron neste día ao longo dos 25 anos de existencia do instituto.

     Mención especial merece un dos paneis que nos lembra conceptos xa case esquencidos a día de hoxe como servizo militar, obxección de conciencia ou insubmisión.O día 30 un grupo de rapaces e rapazas de 1º ESO e 4º Diversificación foron polas aulas levando unha mensaxe de paz en forma de contos e poemas. E despois, invitouse a toda a comunidade escolar a colgar os seus desexos de paz e non-violencia na entrada do centro.

Día da Paz 2012 (5)  

NADAL SOLIDARIO 2011

Comezamos a conta atrás: 3... 2... 1... Só faltan tres días para as vacacións!

Como cada ano, toda a comunidade educativa do instituto vive con ilusión estas datas nas que non só pensamos no noso merecido descanso senón que tamén nos preocupamos do benestar dos demais.

Recollida de alimentos

 Como é tradición, este ano tamén se levou a cabo a campaña de recollida de alimentos e produtos de hixiene destinados ao comedor social de Cáritas Vilagarcía. Esta campaña solidaria que realizamos desde o Nadal de 1997 ten como principal obxectivo fomentar:

recollida alimentos 2011

- a solidariedade

- o coñecemento das necesidades da contorna- a empatía

 - a reflexión sobre a pobreza

- a xustiza social

 - a reflexión sobre a nosa sociedade:onde esta o límite entre a necesidade e o despilfarro?

 - a valoración das cousas que temos

 

 

A iniciativa foi acollida con grande entusiasmo e poidemos enviar lotes e lotes de produtos para axudar aos veciños que viven en situacións menos favorables.

 

 

Un tapón por Paula

Paula

 

    Como non podía ser doutro xeito, o instituto de Carril sumouse á campaña “Un tapón por Paula”, a nena de Boiro que naceu sen sacro e que está seguindo un tratamento en Düsseldorf (Alemaña) para tentar superar esta rara doenza. Este tratamento, que custa arredor de 250.000 euros, é a única esperanza que ten Paula para poder chegar a camiñar e valerse por sí mesma.

     Os veciños de Boiro puxeron en marcha diferentes iniciativas para axudar á familia de Paula a asumir este tratamento e unha destas iniciativas é a campaña de recollida de tapóns de plástico que son vendidos a unha empresa de reciclaxe de Alicante.

     Desde este lado da ría, os nosos mellores desexos para Paula e para a súa familia.

Visita de Rosa Aneiros

     
  

 

Hoxe tivemos a honra de contar coa presenza da escritora Rosa Aneiros que lles amosou aos alumnos de 4º da ESO como é o traballo dunha escritora.

Rosa tamén contestou as preguntas dos alumnos e emocionounos coa lectura dun fragmento do seu libro "Ás de Bolboreta". Foron case dúas horas que pasaron nun pestanexo.

Campionato de futbito

Campións dos maiores Campións primeiro ciclo
Subcampións maiores Subcampións primeiro ciclo

Rematou o I campionato de futbito do noso centro (bueno, non é o primeiro pero si o é dos últimos tempos) cun enorme éxito entre o alumnado. Unha enorme participación e as gradas do pavillón cheas ata as tellas todos os días.

O curso próximo máis e mellor.

Para ver algúnhas imaxes, pulsa aquí.

Exposición de cogumelos

Este ano, a profesora de Bioloxía Charo Gómez organizou unha magnífica e ben ordenada exposición de cogumelos.


Imaxe da exposiciónPoidemos ver como medran, como se reproducen e espallan as súas esporas ou como se alimentan.
Incluso poidemos percibir o arrecendo a anís dalgúns deles ou o cheiro a descomposición que desprenden outros e que lles sirve para atraer as moscas que espallarán as súas esporas.

Pulsa aquí para ver imaxes da exposición.

Distribuir contido


by Dr. Radut