Skip to Content

NADAL SOLIDARIO 2011

Versión para impresoraVersión para impresora

Comezamos a conta atrás: 3... 2... 1... Só faltan tres días para as vacacións!

Como cada ano, toda a comunidade educativa do instituto vive con ilusión estas datas nas que non só pensamos no noso merecido descanso senón que tamén nos preocupamos do benestar dos demais.

Recollida de alimentos

 Como é tradición, este ano tamén se levou a cabo a campaña de recollida de alimentos e produtos de hixiene destinados ao comedor social de Cáritas Vilagarcía. Esta campaña solidaria que realizamos desde o Nadal de 1997 ten como principal obxectivo fomentar:

recollida alimentos 2011

- a solidariedade

- o coñecemento das necesidades da contorna- a empatía

 - a reflexión sobre a pobreza

- a xustiza social

 - a reflexión sobre a nosa sociedade:onde esta o límite entre a necesidade e o despilfarro?

 - a valoración das cousas que temos

 

 

A iniciativa foi acollida con grande entusiasmo e poidemos enviar lotes e lotes de produtos para axudar aos veciños que viven en situacións menos favorables.

 

 

Un tapón por Paula

Paula

 

    Como non podía ser doutro xeito, o instituto de Carril sumouse á campaña “Un tapón por Paula”, a nena de Boiro que naceu sen sacro e que está seguindo un tratamento en Düsseldorf (Alemaña) para tentar superar esta rara doenza. Este tratamento, que custa arredor de 250.000 euros, é a única esperanza que ten Paula para poder chegar a camiñar e valerse por sí mesma.

     Os veciños de Boiro puxeron en marcha diferentes iniciativas para axudar á familia de Paula a asumir este tratamento e unha destas iniciativas é a campaña de recollida de tapóns de plástico que son vendidos a unha empresa de reciclaxe de Alicante.

     Desde este lado da ría, os nosos mellores desexos para Paula e para a súa familia.



page | by Dr. Radut