Skip to Content

2015-16

TITORÍAS E ATENCIÓN ÁS FAMILIAS

MAGOSTO FESTEIRO

Hoxe martes 10 de novembro celebramos o Magosto en Carril. Foi unha festa chea de música, de xogos e de bo humor.

Comezamos co xogo de turrar da corda na que se enfrentaron amistosamente alumado e profesorado (adiviñade quen gañou...) e  despois co de saltar á corda en estilo libre...e senón mirade as fotos. 

(Para ampliar, fai clic nas imaxes)

Os nosos músicos máis xóvenes tocaron varias pezas e incluso bailaron algunha delas. Podedes ver no vídeo que xeitiño lle dan.

 

Para rematar a tarde, todos tivemos ocasión de ver unha presentación audiovisual sobre o Magosto feita polo alumnado de 2ºESO mentras  tomábamos os bolos preñados e as castañas asadas que xa tiñan preparadas para nós os nosos asadores preferidos, Gorgoso e máis o Mestre.

VER GALERÍA DE FOTOS

 

Tamén houbo entrega de premios do concurso de cabazas "tecnolóxicas" do Samaín.

(Para ampliar, fai clic nas imaxes)

SESIÓN DE BODYJUMP CO TSAAFD

O día do Magosto pola mañá, o alumnado do Ciclo Superior de Animación de Actividades Físico-Deportivas (TSAAFD) puido disfrutar dunha sesión de bodyjump con monitores especializados.

O bodyjump é unha modalidade de fitness que se realiza sobre unha cama elástica individual. Axuda a fortalecer osos, músculos e articulacións, queima calorías e  mellora o sistema cardiovascular.

Posteriormente deron a coñecer ao resto do alumnado este xeito tan orixinal e estimulante de facer exercicio.

 

EDUCACIÓN PARA A SAÚDE NA ESO

Na primeira semana de novembro o alumnado da ESO tivo a ocasión de asistir a unhas charlas educativas sobre diferentes temas que lles afectan directamente. Todas esas charlas forman parte dun programa de educación para a saúde en colaboración co Servizo de Prevención de Drogodependencias de Vilagarcía (SPAD).

  • 1º ESO: Habilidades sociais
  • 2º ESO: Prevención do abuso do alcohol
  • 4ºESO: Mitos/crenzas erróneas e conceptos básicos sobre drogas ilegais

CONCURSO DE CABAZAS DO SAMAÍN

Este ano celebramos a festa dos mortos cunha decoración estarrecedora na entrada do noso instituto...

Ademáis o alumnado participou de xeito entusiasta no concurso de cabazas. Podes ver aquí  fotos da exposición das pezas presentadas. Veremos cal é a gañadora

 VER GALERÍA DE FOTOS

SEMANA DE ACOLLIDA DE 1ºESO

O alumnado de 1ºESO tivo a primeira semana de curso chea de actividades. Entre outras,a visita do parque botánico Enrique Valdés Bermejo (parque do Castriño) nunha xornada tan lúdica como educativa, entre as 10h e as 13h o venres día 18. Ademáis dos seus profesores e profesoras, o alumnado tamén estivo acompañado polo funcionario do concello D. Mario Vázquez Rubianes que lles explicou o parque desde o punto de vista botánico.

(Clic na imaxe para agrandar)

VER GALERÍA DE FOTOS

Esta visita, na que tamén se realizaron xogos populares en colaboración co departamento de Educación Física e o alumnado de Ciclo Formativo de grao superior "Animación de actividades físicas e deportivas", enmárcase dentro dun proxecto máis amplo que se desenvolveu no centro - dende o mércores ata o venres- e que o profesorado deu en denominar "semana de acollida". Trátase dun conxunto de actividades un tanto lúdicas que teñen como finalidade que o novo alumnado do instituto coñeza as súas compañeiras e compañeiros, valoren as cousas que os diferencian, cooperen e vivan co grupo nun clima de empatía e respecto que facilite a marcha do curso escolar e non se xeren conflictos que dificulten a convivencia ou a aprendizaxe.

A posta en marcha deste proxecto é o resultado do grupo de traballo "Facendo grupo" no que participaron profesoras e profesores o pasado ano académico.

TITORÍAS CURSO 2015-16

O ALUMNADO DO CICLO SUPERIOR INICIA O CURSO

O inicio de curso do Ciclo Superior de Actividades Físco-Deportivas (TSAAFD) está previsto para o mércores 23 de setembro. A presentación desenvolverase no horario seguinte:

      • 2º TSAAFD: 10h
      • 1º TSAAFD: 11h

O xoves 24 de setembro ás 8h10 comezarán as clases con normalidade. O horario das mesmas será facilitado polo profesorado.

COMEZO DAS CLASES CURSO 2015-16

     Este ano comezamos o curso o martes día 15 de setembro. Tentaremos levar a bo porto un proxecto educativo no que tanto alumnado como profesorado terá que traballar conxuntamente.  O primeiro día faremos a presentación dos diferentes grupos seguindo este horario:

  • 1ºESO e 2ºESO de 10h a 11h
  • 3ºESO e 4ºESO de 11h30 a 12h30
  • 1º e 2º BACHARELATO  de 13h a 14h

TITORÍAS CURSO 2015-16

Se desexa unha reunión co/coa titor/a do/a seu/súa fillo/a debe concertar unha cita. Pode facelo de dúas maneiras:

  • O/a alumno/a fala directamente co/coa titor/a  para pedirlle cita.
  • O/A pai/nai/titor/a legal chama por teléfono ao centro en horario de mañá (986 504 883)

 En curso de preparación...

Grupo

Titor/a

1ESO-A

 

1ESO-B

 

1ESO-C

 

2ESO-A

 

2ESO-B

 

2ESO-C

 

3ESO-A

 

3ESO-B

 

3ESO-C

 

3PDC

 

4ESO-A

 

4ESO-B

 

4PDC

 

1BAC-A

 

1BAC-B

 

1BAC-C

 

2BAC-A

 

2BAC-B

 

2BAC-C

 

1ºTSAAFD

 

2º TSAAFD

 

Distribuir contido


by Dr. Radut