Skip to Content

SEMANA DE ACOLLIDA DE 1ºESO

Versión para impresoraVersión para impresora

O alumnado de 1ºESO tivo a primeira semana de curso chea de actividades. Entre outras,a visita do parque botánico Enrique Valdés Bermejo (parque do Castriño) nunha xornada tan lúdica como educativa, entre as 10h e as 13h o venres día 18. Ademáis dos seus profesores e profesoras, o alumnado tamén estivo acompañado polo funcionario do concello D. Mario Vázquez Rubianes que lles explicou o parque desde o punto de vista botánico.

(Clic na imaxe para agrandar)

VER GALERÍA DE FOTOS

Esta visita, na que tamén se realizaron xogos populares en colaboración co departamento de Educación Física e o alumnado de Ciclo Formativo de grao superior "Animación de actividades físicas e deportivas", enmárcase dentro dun proxecto máis amplo que se desenvolveu no centro - dende o mércores ata o venres- e que o profesorado deu en denominar "semana de acollida". Trátase dun conxunto de actividades un tanto lúdicas que teñen como finalidade que o novo alumnado do instituto coñeza as súas compañeiras e compañeiros, valoren as cousas que os diferencian, cooperen e vivan co grupo nun clima de empatía e respecto que facilite a marcha do curso escolar e non se xeren conflictos que dificulten a convivencia ou a aprendizaxe.

A posta en marcha deste proxecto é o resultado do grupo de traballo "Facendo grupo" no que participaron profesoras e profesores o pasado ano académico.



story | by Dr. Radut