Viaxe a Lisboa: programa definitivo e informacións varias

Tras a confirmación do horario da saída (08:00 do luns 29 de abril no instituto) e algúns cambios nas actividades de cada xornada, actualizamos o programa da viaxe do alumnado de Língua Portuguesa de 3º e 4º ESO a Lisboa, que poden consultar aquí

Na seguinte presentación lembramos algunhas informacións e indicacións básicas da saída.

Reunión familias Lisboa 23-04-24 de Román Landín

Así mesmo, tal e como fixemos na saída ao Porto do curso pasado, imos propoñerlle ao alumnado un reto consistente nunha serie de "probas" para afrontar en pequenos grupos na cidade, para as cales poden botar man da Guia de Conversa - Trabalho de Campo Lisboa '24, válida tamén para facer un traballo voluntario.

Por último, independentemente de que nalgún dos monumentos e lugares visitados nos proporcionen audioguías para facer máis completa a experiencia, o alumnado vai dispoñer dun podcast que recolle boa parte dos puntos de interese que vai visitar.

AdxuntoTamaño
Programa_26-04-24.pdf291.14 KB
Desafio Lisboa 2024.pdf11.61 MB
Lisboa24_guia_conversa_trabalho_de_campo.pdf2.71 MB