Curso 2021/2022

Actividade contra a violencia de xénero

O mércores 17 de novembro tivo lugar no IES de Monterroso unha actividade organizada pola ANPA. Branca Villares impartiu un obradoiro con motivo do día contra a violencia de xénero no que participou o alumnado de 1º e 2ª da ESO.

Branca Villares

Feira de Santos 2021

 O alumnado de 4º da ESO do IES de Monterroso, na asignatura de debuxo artístico, realizou estes traballos sobre a Feira de Santos.

Samaín 2021

O alumnado de debuxo artístico de 2º de Bacharelato realizou estes debuxos inspirados nas ilustracións de Fernando Vicente. A edición de Drácula de Bran Stoker coas súas ilustracións atópase na biblioteca do centro.

Iniciación á robótica e impresión 3D

Codeweek

Do 13 ao 19 de outubro tivo lugar no IES de Monterroso, nos grupos de 1º de Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes e 2º de FP Básica de Informática de Oficina, a actividade Codeweek.

Actividade integrada na iniciativa europea #CodeWeek (9 a 24 outubro de 2021) a semana europea da programación, na que tentamos achegar o pensamento computacional para a resolución de problemas mediante a realización dun proxecto de robótica básico e aplicación práctica da impresión 3D.


As/Os estudantes realizaron un proxecto paso a paso (desde a lóxica ata a implementación) para construir unha barreira activada mediante sensores de presenza empregando ARDUINO, actuadores e sensores.

A impresión de certos elementos coa impresora 3D permitu aos estudantes coñecer esta tecnoloxía e o seu emprego práctico.

https://codeweek.eu/view/375212/iniciacion-a-la-robotica-y-3d
https://codeweek.eu/

Distribuir contido