Xornada de Lembranza de Leiras Pulpeiro

Xornada de Lembranza de Leiras Pulpeiro

Venres 6 de marzo de 2015- Alumnos de 1º de ESO realizaron o Roteiro Leiras Pulpeiro por Mondoñedo coincidindo co centenario do seu pasamento. Foron acompañados por 3 profesores do centro: Carmen Cociña, Alfonso Iglesias e Carmen Pardo.

Alí visitaron os espazos máis vencellados á biografía do autor (casas que habitou, a campa onde repousa ), á súa obra ( o Coto da Recadeira, a Pena do Unto ) e outros especialmente queridos e frecuentados polo propio Leiras Pulperio (o dolmen da Recadeira ou mesmo a paraxe natural de Fervenza, ) ós que o poeta levaba ós convidados contemporáneos - Noriega, Murguía, ... -, que soían vistalo na cidade episcopal. Tamén plantaron árbores no parque do cemiterio municipal.

Esta actividade está organizada polo departamento de Lingua Galega e de Normalización Lingüística.