Charla-conferencia Matías Escalera

Charla-conferencia impartida por Matías Escalera o venres 3 de maio na aula de usos múltiples, organizado polo seminario de lingua española e o departamento de normalización lingüística.

Matías Escalera Cordero, ( Madrid, 1956 ) é un dos escritores máis emerxentes do panorama literario español de hoxe en día e primeiro premio de literatura dramática en 2009. Escalera é un escritor vencellado ás prácticas literarias e artísticas socialmente mui esixentes e comprometidas e ,en canto, a súa figura como intelectual e profesor da Universidade de Alcalá de Henares, a modelos de pensamento sempre materialistas e críticos.

Algunhos dos seus relatos son lectura obrigada para @s alumn@s de 1º BAC deste centro, ós que vai dirixida esta actividade, @s cales terán a posibilidade de escoitar en primeira persoa na aula de Usos múltiples, a este autor artífice da construcción dunha nova especie literaria a cabalo entre a novela e o relato, capaz de integrar todas as estratexias narrativas experimentais e tradicccionais dun xeito libre e sen dogmas, no seu constante esclarecemento poético da realidade presente.