Semana da prensa

A semana do 11 ao 15 de marzo conmemoramos a Semana da Prensa no noso centro. Con este motivo organizamos unha exposición da revista do centro "A Gaivota" que se vén publicando dende a apertura do centro como cole de primaria.

 

Pedimos a colaboración de toda a Comunidade Educativa, exalumnos e persoas relacionada co centro para completar a nosa hemeroteca, xa que falta algún número. Se tedes números antigos da revista, pedímosvos que os traiades para fotocopialos.

Moitas gracias pola vosa colaboración.

Vide a visitarnos e lembrar vellos tempos.

Número especial da Revista ComunidadE

A Revista ComunidadE vén de publicar un número Especial 2013 para celebrar que levan un ano sendo voz, ollos e oídos da Comunidade Educativa de Cangas. Neste número podedes coñecer os centros públicos de Cangas máis polo miúdo.

Logotipo Revista ComunidadE

Anímovos a todos a participar con este proxecto e a suscribirvos á revista.

Xornada de acollida ao alumnado de San Roque

O vindeiros mércores e xoves, 27 e 28 de febreiro, terá lugar as xornadas de acollida ao alumnado de 6º de primaria do noso cole adscrito, o CEIP San Roque, que para o ano xa estarán connosco.

O mércores é o día das nais e pais. Haberá un autobús dende o CEIP San Roque ata o noso centro ás 9:30, para comezar a visita ás 10:00. Coñeceredes ao equipo directivo, a orientadora, as instalacións do centro e a nova etapa educativa que en breve comezarán os vosos fillos, poderedes achegar todas as preguntas e dúbidas que teñades. Xunto os pais de San Roque, convidamos a asistir a todos os pais interesados en coñecer o no noso centro como posible destino para a edicación dos seus fillos.

O xoves é o día do alumnado de 6º de San roque. Os nenos virán en autobús dende o CEIP San Roque ata o IES Monte Carrasco para comezar a visita ás 10:00. Coñecerán ao equipo directivo, a orientadora, as instalacións do centro e a nova etapa educativa que comezarán en breve, para despois compartir o recreo cos seus futuros compañeiros.

Esperámosvos a todos cos brazos abertos.

III Xornadas de Orientación Académica do Morrazo

O martes 19 de febreiro inaugúranse as III Xornadas de Orientación Académica do Morrazo.

 

Podedes consultar a programación no blog de orientación do centro: begoorienta.blogspot.com

Viaxe a Estrasburgo

O alumnado que gañou o concurso de Euroscola o curso pasado está de visitou o Parlamento Europeo en Estrasburgo o 14 de febreiro.

Os medios tamén se fixeron eco da nova: faro de vigo.

Felices festas

                                                                                                         

A comunidade educativa do IES MONTE CARRASCO deséxavos un feliz Nadal e un próspero ano novo.

Entrega de notas da 1ª avaliación

O venres 21 de decembro terá lugar a entrega de notas da 1ª avaliación por parte do titor de cada grupo da ESO.

A entrega de notas será de 11:00 a 12:00. Non haberá clases.

O transporte escolar acudirá en función deste horario: media hora antes (10:30) recollerá ao alumnado nas paradas e ás 12:00 levaraos de volta.

Powered by Drupal - Design by artinet