Orientación

.

 

COMPOSICIÓN  2016-17

Xefa Departamento:   Begoña Otero Riobó, profesora especialista en psicoloxía e pedagoxía

 Compoñentes:    José Ramón Vidal Calvelo,  profesor de Pedagoxía Terapéutica

Rosa Mª Varela Rodríguez, profesora do ámbito sociolingüístico

María Rey Pazos, profesora do ámbito científico

José A. Area, xefe departamento de orientación do CEIP "San Roque" 

                                                              

   O traballo do Departamento vai dirixido a todos os sectores da nosa comunidade educativa: alumnado, pais, nais e profesorado, a través dos Plans de acción tutorial, de atención á diversidade e de orientación académica e profesional, mantendo estreita colaboración co noso centro adscrito, o CEIP San Roque. Ademáis, o Departamento traballa en colaboración con outros organismos do Concello (Servizos Sociais, Prevención de Drogodependencias, Centro de Información á Muller,...) e da Delegación de Educación (Equipo de Orientación Específico de Pontevedra)

   Estas son algunhas das actividades organizadas polo Departamento para dar desposta ás necesidades de formación dos nosos alumnos e alumnas:

  • xornadas de portas abertas: que teñen por finalidade informar e dar a coñecer o noso centro ao alumnado de 6º curso de primaria do noso centro adscrito e aos seus pais e nais,

  • orientación e axuda persoal,

  • talleres de educación afectivo-sexual,

  • taller de prevención de drogodependencias,

  • xornadas informativas sobre Ciclos Formativos e Bacharelatos da comarca.

 

Benvid@s

Powered by Drupal - Design by artinet