Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
Eventos
.
O departamento de orientación é un órgano de coordinación que ten como tarefa principal promover a orientación no centro, apoiando a labor do conxunto do profesorado en todas aquelas actuacións encamiñadas a asegurar a formación integral do alumnado, nos aspectos cognitivo, profesional, académico, social, emocional...
Así, a LOMLOE recolle nos seus principios, (f), a orientación educativa e profesional dos estudantes, como medio necesario para o logro dunha formación personalizada, que propicie unha educación integral en coñecementos, destrezas e valores.
O Departamento de Orientación, organiza a súa actuación nos centros, nos seguintes ámbitos:
- Orientación académica e profesional
- Acción titorial
- Atención á diversidade
- Promoción dunha convivencia positiva
- Benestar emocional do alumnado
A LOMLOE sitúa á orientación educativa no marco da aprendizaxe ao longo da vida (artigo 5); da atención á diversidade, proporcionando a todo o alumnado unha educación acorde ás súas características e necesidades; acompañando a necesaria titoría persoal do alumnado.
Na Orde do 24 de Xullo de 1998, pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, regulada polo Decreto 120/1998; indícase que “os departamentos de orientación han de constituír dentro de cada centro o garante de que a orientación forma parte esencial da actividade educativa e de que se establece unha vía de asesoramento permanente ao profesorado, alumnado e ás familias.”
A composición do Departamento de Orientación para o curso 2022-23 é a seguinte:
- Sonia Martínez Dios, ámbito socio – lingüístico.
- Cristina Fernández Rivera, ámbito científico – tecnolóxico.
- Mª Ester Iglesias Miranda, profesional de pedagoxía terapéutica.
- José Antonio Area Santiago, xefe do departamento de orientación do centro adscrito (CEIP San Roque)
- Begoña Otero Riobó, orientadora escolar e xefa do departamento de Orientación.