Skip to Content

O contorno

O contorno

.

O IES Monte Carrasco nace no curso académico 1998-99, para dar resposta ás necesidades de escolarización da poboación estudantil de 12 a 16 anos da parroquia de Darbo do concello de Cangas, trala entrada en vigor da LOXSE.

O IES Monte Carrasco é froito da transformación dun centro de Educación Primaria, construído no ano 1986 para acoller ao alumnado de 6 a 12 anos, excedente do ámbito de influencia do CEIP “San  Roque”, único centro da zona que acollía ao alumnado de Educación Primaria.

O centro situase no lugar de San Pedro, parroquia de Darbo, no concello de Cangas, que se atopa no extremo suroeste da península do Morrazo, en pleno corazón das Rías Baixas. 

O centro está  situado no denominado “Monte Carrasco”, de onde toma o seu nome, nunha zona rica en legados prehistóricos, en concreto, petróglifos.  E atópase  a unha distancia duns catro quilómetros do centro urbano.

A parroquia de Darbo, contorno xeográfico e social do alumnado que escolariza o centro, está situado no centro do termo municipal de Cangas, sendo a mais poboado do mesmo.  Ten unha tendencia clara ao aumento de poboación, pois nos últimos anos, algunhas zonas da mesma estanse a converter en áreas residenciais do propio municipio e do propio Vigo.

 

parroquiascangas

Distribuir contido


by Dr. Radut