Skip to Content

Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Educación física

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN EN LIÑA 2024

O mércores 24 de abril un grupo de 38 estudantes do IES Monte Carrasco participaron no Campionato Provincial de Orientación en Liña celebrado no Parque de Castrelos de Vigo dentro do Programa de Deporte Escolar de Xogade. Participaron en catro categorías, infantil feminino (2011-2010), infantil masculino (2011-2010), cadete feminino (2009-2008) e cadete masculino (2009-2008).

A cada participante se lle entrega un mapa e unha tarxeta de control electrónica. O mapa ten unha serie de controis polos que deben pasar. É unha actividade que combina a capacidade intelectual coa capacidade física, deben ser capaces de atopar todas as balizas na orde establecida no menor tempo posible. O noso alumnado desfrutou da actividade e as alumnas do IES Monte Carrasco Swen Iriarte Martens e María Sahuquillo Gallego acadaron o segundo e o terceiro posto respectivamente na clasificación individual de infantil feminino e Sandra Piñeiro Piñeiro acadou o segundo posto na clasificación  de cadete feminino.

Imagen: 

VÍDEOS CON PASOS BÁSICOS DE SALSA

Con estes vídeos, o alumnado de 4º ESO nos ensinan pasos básicos de baile estilo salsa.

A bailar!

PASO MEDIA VOLTA

 

paso media volta

PASO CUCARACHA

PASO CUCARACHA

 

PASO CAMBIO DE BASE

PASO CAMBIO DE BASE

PASO BASE CATRO LADOS

PASO BASE CATRO LADOS

Distribuir contido


Información do Centro

IES MONTE CARRASCO

Rúa Monte Carrasco, 20

36940 Cangas, Pontevedra

Teléfono de contacto:

886 110 160

Correo electrónico: 

 ies.montecarrasco.cangas@edu.xunta.gal

Horario lectivo:

Luns, Mércores e Venres:

8:20 a 13:45

Martes e Xoves

8:20 a 14:50

Como chegar:

42º 16' 32,7" N    8º 47' 38,4" W

by Dr. Radut