O IES Monte Carrasco conta con 8 aulas para cada un dos grupos de alumnos e alumnas. Son espaciosas, perfectamente adaptadas ás características deste alumnado, moi luminosas e ben equipadas (Catro Aulas Abalar en 1º e 2º ESO)
As aulas específicas son a de música, informática, educación plástica e visual, tecnoloxía e aula de atención específica. Son aulas dotadas dos materiais e instrumentos que precisan para desenvolver o seu labor.
Existen tamén espacios de uso común, como son o ximnasio, o laboratorio de ciencias naturais, tres aulas de desdobres a biblioteca e o salón de actos.
Outras dependencias do centro están dedicadas a uso específico do profesorado (departamento de ciencias, departamento de linguas, departamento de música e tecnoloxía, sala de reunións do profesorado), despacho de dirección, secretaría, despacho de orientación e conserxería.
No tocante ó espacio exterior, o centro conta con aproximadamente 5.000 m2 de xardíns e zonas de xogo e lecer, entre os que se atopa unha pista polideportiva.