Skip to Content

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Historia

Historia do Centro

.

 

 

Este Centro de ensino foi inaugurado en xaneiro do ano 1987 (curso 1986/87) como colexio de EXB, desdobre do colexio San Roque por mor da grande cantidade de alumnado que este acollía, impartindo estudios de 1º a 8º de EXB a preto de 240 alumnos e alumnas.

No ano 95 entra en vigor a LOXSE e o centro transfórmase en INSTITUTO DE ENSINO SECUNDARIO, acollendo a alumnado de Educación Primaria e do 1º ciclo da ESO.

A partir do curso 1998/99 o IES imparte só estudos de Educación Secundaria Obrigatoria: 1º, 2º, 3º e 4º de ESO en liña 2, con capacidade para 240 alumnos e alumnas.

A súa oferta educativa conta con medidas de atención á diversidade e a participación en plans de mellora da calidade. Dende o curso 2010-2011 participa no Proxecto Abalar.

Actualmente a súa directora é Seila Acuña Ferradanes e dende a súa creación estes foron os seus directores:

Xosé Ramón Bernárdez (1987-1990)

Xosé Francisco Dalama (1990-1993)

Manuela Barrio Val (1993-1996 e 2002-2003)

Xosé Ramón Vidal Calvelo (1996-2002 e 2003-2004)

Dolores Nores Maquieira (2004-2008)

Begoña Otero Riobó (2008-2012)

Alexandre Cortés Ayaso (2012-2015)

Miguel Cameselle Teijeiro (2105-2018)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut