.

 

Este Centro de ensino foi inaugurado en xaneiro do ano 1987 (curso 1986/87) como colexio de EXB, desdobre do colexio San Roque por mor da grande cantidade de alumnado que este acollía, impartindo estudios de 1º a 8º de EXB a preto de 240 alumnos/as.

A unión e o esforzo de toda a acomunidade educativa permitiron que moitas das deficiencias iniciais quedaran rapidamente subsanadas, permanecendo outras que foron arranxadas co paso do tempo.

Paulatinamente, foi decrecendo o número de estudantes froito do baixo índice de natalidade. No ano 95 entra en vigor a LOXSE e o centro transfórmase en INSTITUTO DE ENSINO SECUNDARIO, acollendo ó alumnado de Educación Primaria e do 1º ciclo da ESO.

Finalmente, a partires do curso 98/99 o IES imparte só estudos de Educación Secundaria Obrigatoria: 1º, 2º, 3º e 4º de E.S.O en liña 2, con capacidade para 240 alumnos e alumnas. A súa oferta educativa conta con medidas de atención á diversidade (seccións bilingües, agrupamentos específicos, programas de diversificación curricular), e a participación en plans de mellora da calidade. No curso 2010-2011 foi seleccionado para o desenvolvemento do Proxecto Abalar na nosa comunidade, conta con catro aulas de 1º e 2º  ESO equipadas para a inclusión das novas tecnoloxías na práctica educativa.

Actualmente a súa directora é Seila Acuña Ferradanes e dende a súa creación estes foron os seus directores:

    Xosé Ramón Bernárdez (1987-1990)
    Xosé Francisco Dalama (1990-1993)
    Manuela Barrio Val (1993-1996 e 2002-2003)
    Xosé Ramón Vidal Calvelo (1996-2002 e 2003-2004)
    Dolores Nores Maquieira (2004-2008)
    Begoña Otero Riobó (2008-2012)
    Alexandre Cortés Ayaso (2012-2015)

    Miguel Cameselle Teijeiro (2105-2018)

 

 

logoies

Powered by Drupal - Design by artinet