Skip to Content

Reserva, admisión e matrícula

Requisitos e prazos de matrícula

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN CURSO 2021/2022

 

1º Trámite: RESERVA E ADMISIÓN

 

RESERVA:

Quen debe facela: O alumnado do centro adscrito, é dicir, do CEIP Plurilingüe San Roque de Darbo

Prazo: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.

Como debe facerse: Os pais, nais ou titores legais do alumnado presentarán o formulario normalizado  Anexo I e Anexo I bis (ED550A), de forma presencial no centro de orixe no que cursan a Educación ou de forma electrónica a través da aplicación admisión alumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado), se dispoñen de certificado dixital ou Chave365.

O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na aplicación «admisionalumnado».

Así mesmo, o alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática «admisionalumnado» utilizando o código da solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

Publicación da listaxe definitiva de prazas de reserva asignadas: ata o 28 de febreiro.

Xa temos publicada a lista no taboleiro de anuncios do centro. As familias poderán chamar ao do centro (886110160) para confirmar a asignación de praza do alumnado do centro adscrito. A listaxe tamén está dispoñible no centro de primaria (CEIP San Roque de Darbo).

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN:

Quen debe facela: O alumnado de centros de Educación Primaria non adscritos e doutros centros de Educación Secundaria

Prazo: do 1 ao 22 de marzo.

Como debe facerse: Os pais, nais ou titores legais do alumnado deberán presentar o formulario normalizado Anexo II (ED550B), de forma presencial neste centro educativo, xunto coa copia do DNI do alumno/a ou, no seu defecto, do Libro de Familia, ou de forma electrónica a través da aplicación admisión alumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado), se dispoñen de certificado dixital ou Chave365. Informarase da solicitude de admisión no centro de orixe.

Cada alumno ou alumna só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, o incumprimento determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. Ademais comunicará no centro de orixe a presentación da solicitude de admisión.

O alumnado con praza reservada no centro de adscrición, se presenta solicitude de admisión noutro centro deberá comunicar a renuncia á reserva no centro de adscrición antes do inicio do prazo do prazo de admisión.

Una vez presentada a solicitude no é posible modificar os centros relacionados nin a súa orde de prelación.

A renuncia á solicitude rexistrada, non permite presentar unha nova, polo que o alumno/a deberá escolarizarse conforme ao procedemento subsidiario.

A solicitude irá asinada polos dous proxenitores no caso de separación ou divorcio.

Así mesmo, o alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática «admisionalumnado» utilizando o código da solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 25 de abril. Publicaremos as listaxes provisionais no taboleiro de anuncios do centro. As familias poderán chamar ao do centro (886110160) para confirmar a admisión do novo alumnado.

Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: antes do 15 de maio.

 

2º Trámite: MATRÍCULA

 

O alumnado doutros centros, feita a reserva ou solicitada a admisión, ten que formalizar a matrícula.

O alumnado do IES Monte Carrasco tamén ten que formalizar a matrícula.

Prazo ordinario: do 25 de xuño ao 10 de xullo. Para todo o alumnado de Educación Primaria e o de Educación Secundaria con todas as materias aprobadas.

A secretaría do centro asigna os seguintes días: 

-     ESO: xoves 1 e venres 2 de xullo, de 9.30 a 13.00 horas

-     ESO: luns 5 de xullo, de 9.30 a 13.00 horas

-     ESO: martes 6 de xullo, de 9.30 a 13.00 horas

-      ESO: mércores 7 de xullo de 9.30 a 13.00 horas

 

Prazo extraordinario: desde a entrega de boletíns ata o 10 de setembro. Para o alumnado de Educación Secundaria con materias pendentes.

A secretaría do centro asigna os seguintes días: 

-   1º ESO e 2º ESO: mércores 8 de setembro, de 9.30 a 13.00 horas

-     3º ESO e 4º ESO: xoves 9 de setembro, de 9.30 a 13.00 horas

 

 Requisitos da matrícula:

Cubrir o anexo III (impreso de formalización de matrícula) e presentalo na secretaría deste centro dentro achegando a seguinte documentación:

ALUMNADO QUE PROCEDE DOUTROS CENTROS:

-      1 foto tamaño carné do alumno ou alumna.

-      Copia do DNI do alumno ou alumna ou no seu defecto, copia do libro de familia.

-      Copia da tarxeta sanitaria do alumno ou alumna.

-      Copia da sentenza de separación ou divorcio, se é o caso, e do convenio regulador onde conste a custodia.

-      Copia do boletín de notas do alumno ou alumna.

-      Autorización para participar nas Seccións Bilingües, no caso do alumnado proposto.

-      Comunicación relativa a aplicación AbalarMóbil.

-      Autorización para ás saídas pola contorna.

-      Autorización de uso da imaxe e de xestión no caso de enfermidade ou accidente escolar.

PARA O ALUMNADO DESTE CENTRO: 

-      No caso de alumnado que tivera feito ou renovado o DNI no curso anterior copia deste.

-      No caso do alumnado que curse a opción bilingüe, autorización para participar nas Seccións Bilingües.

-      Cubrir a autorización de saídas pola contorna.

-      Cubrir a autorización de uso da imaxe e xestión no caso de enfermidade ou accidente escolar.

PARA TODO O ALUMNADO: Ademais da documentación anterior,

-      O alumnado que se matricule en 3º ESO ou 4º ESO no momento da entrega do anexo III fará o pagamento do seguro escolar (1.12 €).

 

Documentación para a matrícula:

Anexo III ( 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO)

Paradas de bus

Autorización das Seccións Bilingües

Comunicación AbalarMóbil

Optatividade 3º ESO

Itinerarios e optatividade 4º ESO

Autorización das saídas pola contorna

Autorización uso da imaxe e xestión no caso de accidente ou enfermidade

 

 

 


 

NORMATIVA REGULADORA:

 


 

ÁREA DE INFLUENCIA DESTE CENTRO:

Límites en zona urbana:

-      Avda. Vigo desde a Pedra Alta ata o Camiño Vello (números pares e impares)

-      Avda. Vigo desde o Camiño Vello en dirección Bueu (números pares)

-      Avda. Coruña ata o cruce coa Avda. Lugo ata o campo do Alondras (edif. esquerda ata Verín)

-      Magdalena ata o río (Capela de San Blas)

 

VACANTES INICIAIS PARA O CURSO 2021/2022

 

CURSO

VACANTES

1º ESO

6

2º ESO

 3

3º ESO

17

4º ESO

 16

       

Distribuir contido


by Dr. Radut