Animación á lectura

A hora de ler

  

 

Tempo de lectura silenciosa ou tempo dedicado especificamente á lectura en horario lectivo.

Ten como obxectivos fundamentais:
• Poñer en valor o libro e a lectura  entre os máis novos.
• Promover un cambio positivo na actitude do alumnado cara á lectura.
• Desenvolver as competencias comunicativas do noso alumnado.

Adicarase á lectura unha sesión semanal tal e como se indica no calendario que se xunta. Partindo da primeira hora do luns 7 de novembro, cada semana collerase a hora sucesiva á anterior:
• 1ª semana a 1ª hora do luns
• 2ª semana a 2ª hora do luns
• 3ª semana a 3ª hora do luns…
Rematadas as horas deste día, pasarase ao día seguinte.

Tanto o alumnado coma o profesorado terán como única actividade a lectura.

A lectura que escollan pode ser de diferente tipo, non necesariamente literaria, mais si educativa. Só se aceptará como soporte o formato libro.

O libro que vaian ler nesa hora han de traelo da casa e se non fose así, poderán coller un da biblioteca de aula. Procurarase que as alumnas e alumnos adquiran o hábito de vir cun libro na mochila(ou telo na taquilla) para ler nesta hora.

Entregaráselle un horario a cada alumno e ademais exporase na sala de profesores, nas aulas e nos taboleiros da Biblioteca e do corredor do primeiro andar.

De faltar o profesor/a nesa hora, farían a lectura co profesor/a de garda.

A Hora de Ler comezará en novembro e rematará en maio (inclusive). No mes de xuño non haberá Hora de Ler.

No caso de que o alumno ou alumna non aproveiten o tempo de lectura considerarase unha falta de traballo / de orde.

Deberán cubrir unha ficha do libro lido, na que reflexionen sobre a lectura realizada: sinopse e valoración persoal. Entregaráselles un modelo de ficha. Poderán entregala na biblioteca e participar nun concurso trimestral (por exemplo, Premio ás mellores sinopses da Hora de Ler ou Lectora u Lector do trimestre) no que serán premiados cun agasallo tipo CD, DVD, libro… ou vale no seu caso (estudaranse outras posibilidades).

Suxerencias recibidas:
Que a principio de curso cada un traia un libro para completar a biblioteca de aula e así poder compartir lectura (unha persoa do equipo de biblioteca tomará nota do libro prestado).

A ficha servirá como instrumento para avaliar a competencia lingüística.
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet