Entrega de notas

A entrega de notas da 1ª avaliación terá lugar o vindeiro venres 19 de decembro de 10:00 a 11:00. O alumnado contará con transporte escolar adaptado a este horario, polo que deberá estar nas paradas ás 9:30.

Aproveitamos para desexarlles unhas felices festas.

Eleccións ao Consello Escolar - Constitución da Xunta Electoral

 Estimadas familias:

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2014 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 1 de outubro), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do centro.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

- O Director ou directora do Centro.

- Un profesor ou profesora.

- Un pai ou nai ou titor legal.

- Un alumno ou alumna.

- Un representante do persoal de administración e servizos

Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo martes 4 de novembro ás 13:00 horas.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

 

O DIRECTOR DO CENTRO,

Alexandre Cortés Ayaso

CALENDARIO E HORARIO

 

 

o   Períodos de vacacións:

 -       Nadal: do 22 de decembro ata o día 7 de xaneiro, ambos os dous incluídos.

 -       Entroido: 12, 13 e 14 de febreiro.

 -       Semana Santa: do 24 de marzo  ao 2 de abril, ambos os dous incluídos.

 o   Festivo da Educación: 7 de decembro, Día do Ensino.

 o   Festivo local: 23 de marzo, Venres das Dores.

 o   Festivo autonómico: 17 de maio, Día das Letras Galegas.

 o   Día non lectivo do centro: 18 de maio.

 

 

CONMEMORACIÓNS DURANTE O CURSO ESCOLAR:

 

 o   20 de novembro: Día Universal da Infancia.

 o   25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

 o   Do 1 ao 11 de decembro : conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.

 o   3 de decembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

o   10 de decembro: Día da Declaración Universal do Dereitos Humanos.

 o   30 de xaneiro: Día Escolar da non Violencia e da Paz.

 o   8 de marzo: Día Internacional da Muller.

 o   15 de marzo: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

 o   Do 5 ao 9 de marzo : Semana da Prensa.

 o   7 de abril: Día Mundial da Saúde.

 o   Entre o 23 e o 27 de abril : Semana do libro.

 o   9 de maio: Día de Europa.

 o   Do 14 ao 18 de maio: Semana das Letras Galegas.

 o   5 de xuño: Día Mundial do Ambiente.

 

 

 

 

HORARIO LECTIVO DO IES MONTE CARRASCO

  • Luns, mércores e venres: de 08.20 a 13.45 h.
  • Martes e xoves: de 08.20 a 14.50 h. 

 

Calendario de inicio de curso

 

PRESENTACIÓNS

 

2º, 3º e 4º da ESO: luns 15 de setembro de 10:00 a 13:00. Os alumnos terán transporte escolar tanto para a entrada como para a saída. A presentación cos pais destes grupos terá lugar a principios de outubro.

 

 

1º da ESO: martes 16 de setembro de 10:00 a 13:30. Os alumnos terán transporte escolar tanto para a entrada compo para a saída. As nais e pais do alumnado de 1º ESO están convidados á presentación e deberían asistir cos seus fillos (non poden usar o transporte escolar).

 
 

 

INICIO DAS CLASES

 

1º, 2º, 3º E 4º da ESO: mércores 17 de setembro.

 

 

 A partir do mércores 17 de setembro (incluído) o horario será o habitual do centro.

Información ás nais e pais sobre a petición dun profesor máis para este curso

Finalmente, a inspección comunícanos que teremos medio profesor máis este curso, compartido co IES María Soliño.

Prazos de matrícula en setembro

 

ESO 2014-2015

Entrega de notas: venres 5 de setembro ás 10:00 (non hai transporte escolar).

 

Datas de matrícula:

CURSOS

DATA E HORA

1º ESO e 2º ESO
  Luns, 8 de setembro de 09:00h a 13:30h.
3º ESO e 4º ESO
  Martes, 9 de setembro de 09:00h a 13:30h.

 

O prazo oficial remata o mércores 10 de setembro.

 

AVISO IMPORTANTE

 

O venres 5 de setembro ás 17 horas todas as nais e pais do centro están convocados a unha reunión extraordinaria para falar da situación na que queda o centro debido ao recorte de profesorado.

Estrea mundial de "Clarexa, que xa é abondo!" e entrega dos premios do IV Certame Audiovisual Escolar

O mércores 18 de xuño ás 17 h no Auditorio Municipal de Cangas terá lugar a cerimonia de entrega dos premios do IV Certame Audiovisual Escolar do IES Monte Carrasco tras o cal virá unha nova estrea mundial. Este ano chega a película máis esperada do ano: CLAREXA, QUE XA É ABONDO!, última parte da triloxía iniciada con MI MADRIÑA! e continuada coa LIGA DOS CHARNECOS EXTRAORDINARIOS.

 

E tras a tradicional visita a Ons o xoves, o venres teremos o festival fin de curso, cheo de arte e artistas.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DOS LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2014/2015

Publicada a Orde do 28 de maio de 2014 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/2015 (DOG núm. 102 do 30 de maio de 2014)

(Mais información na pestana Secretaría/Axudas Libros) de

Rifa premiada

Hoxe, xoves 27 de marzo (retrasouse un día por causas de forza maior), tivo lugar o sorteo público da noite na casa rural OS CARBALLO, entre todas as rifas vendidas polo alumnado de 4º da ESO para a excursión fin de curso. A rifa premiada é a número:

955

O sorteo realizouse só cos números vendidos, así que nalgures está a rifa premiada. O premio poderase reclamar no centro ata o xoves 10 de abril.

tablet_asus_memo_hd7

Powered by Drupal - Design by artinet