Rifa premiada

Hoxe, xoves 27 de marzo (retrasouse un día por causas de forza maior), tivo lugar o sorteo público da noite na casa rural OS CARBALLO, entre todas as rifas vendidas polo alumnado de 4º da ESO para a excursión fin de curso. A rifa premiada é a número:

955

O sorteo realizouse só cos números vendidos, así que nalgures está a rifa premiada. O premio poderase reclamar no centro ata o xoves 10 de abril.

tablet_asus_memo_hd7

IV CERTAME AUDIOVISUAL

                                                   

                                                    BASES             FOLLA DE INSCRICIÓN

Averías no IES Monte Carrasco

Xa están resoltos os problemas coa liña telefónica e o acceso a intenet dende o centro.

 

Sentimos todas as molestias que estas averías puideran ocasionar.

Día do ensino

O xoves 31 de outubro foi designado pola Consellería de Educación como Día do Ensino e, por tanto, non haberá clase ese día. As clases reanúdanse o luns 4 de novembro.

Datas de matrícula, libros de texto e PCPI 2013-14

CURSOS

DATA E HORA

1º ESO   Luns, 01 de xullo de 09:00h a 13:30h.
2º ESO   Martes, 02 de xullo de 09:00h a 13:30h.
3º ESO   Mèrcores, 03 de xullo de 09:00h a 13:30h.
4º ESO   Xoves,  04 de xullo de 09:00h a 13:30h.

 

Accede á listaxe de libros de texto para o vindeiro curso.

 

Accede á oferta de itinerarios de PCPI do centro.

As datas de solicitude de praza non se publican ata setembro.

Entrega de notas

A entrega de notas será o mércores 26 de xuño ás 11:00. Coas notas entregarase a información precisa para a matrícula para aqueles que superaron todas as materias en xuño. O calendario de exames de setembro publicarase nesta web e nos taboleiros do centro o vindeiro luns 1 de xullo.

Non hai servizo de transporte escolar para a entrega de notas.

Estrea mundial da superprodución "A liga dos charnecos extraordinarios"

O vindeiro venres 14 de xuño ás 21 horas no Auditorio Municipal de Cangas terá lugar a estrea mundial da superprodución audiovisual:


A LIGA DOS CHARNECOS EXTRAORDINARIOS

 

Obradoiro de Iniciación ao Audiovisual 2013

 

Hollywood tembla pola competencia;

Bollywood baila coas cancións.

Exames oficiais de pendentes

A semana do 6 ao 10 de maio terán lugar os exames oficiais das materias pendentes de cursos pasados. O calendario está colgado no taboleiro do centro e en todas as aulas.

Lémbramos que cada departamento ten un programa de recuperación das materias pendentes que se vén desenvolvendo ao longo de todo o curso.

Powered by Drupal - Design by artinet