Administrativo, Automoción, Bioloxía e Xeoloxía, Castelán, Economía, Educación Física, Electricidade, Filosofía, Física e química, FOL, Francés, Galego, Inglés, Linguas clásicas, Mantemento, Matemáticas, Música, Orientación, Plástica e Visual, Relixión, Tecnoloxía, Xeografía e Historia

CONFERENCIA NO CSAF SOBRE "ACONDICIONAMENTO FÍSICO NOS DEPORTES DE EQUIPO"

29/01/2023 10:50
Europe/Madrid

O pasado venres 27 celebrouse na aula de 2º do CSAF do LALIN ARENA unha conferencia a cargo de Pedro Vicente Vila, catedrático de EF e profesor asociado da Universidade de Vigo no grao de CCAFD. A temática abordada foi a programación e deseño do adestramento de Forza en Amplitude de Movemento nos deportes de equipo. O alumnado de 2º do CSAF foi partícipe da experiencia profesional de Pedro Vicente como preparador físico durante 9 anos na modalidade de Fútbol Sala en equipos de nivel profesional. Agradecemos desde o departamento de EF a implicación e traballo do ponente e do alumnado nesta actividade.

CAMPO A TRAVÉS - DEPORTE ESCOLAR

16/01/2023 12:43
Europe/Madrid

ALUMNADO DE 1º, 2º E 3º DA ESO DO IES LAXEIRO PARTICIPOU ESTE VENRES DÍA 13 NA XORNADA LOCAL DE CAMPO A TRÁVES QUE SE DESENVOLVEU NO RECINTO FERIAL DE SILLEDA. ESPERAMOS QUE PODA SERVIR DE ESTÍMULO PARA QUE O NOSO ALUMNADO SE ANIME Á PRACTICA DO ATLETISMO OU CALQUERA OUTRA MODALIDADE QUE LLE PERMITA LEVAR UN ESTILO DE VIDA ACTICO E SAUDABLE. 

Visita ao Parque Eólico Experimental de Sotavento

 

Visita a Sotavento 2023O pasado mércores 11 de xaneiro de 2023, o alumnado do Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automatismos e xunto co alumnado de 1º Bacharelato que cursan a área de Tecnoloxía industrial, participaron nunha actividade complementaria, coa visita ao Parque Experimental Eólico de Sotavento, situado na Serra da Loba. Os contidos estiveron centrados na parte técnica pero non faltou a compoñente transversal de do comportamento social e ético en canto a problemática medioambiental dos recursos enerxéticos. Nesta visita puideron afianzar os seus coñecementos de tecnoloxía e instalacións acerca das enerxías renovables. Como en anos anteriores, fomos recibidos e moi ben atendidos polo persoal deste parque, que é moito máis que unha central de produción de enerxía eléctrica, senón que funciona como unha aula divulgativa das vantaxes das fontes de enerxía renovables e de promoción de condutas sostibles e respectuosas co medio, tan necesarias para fomentar na cidadanía un consumo enerxético responsable.

 

 Esta actividade estivo organizada polos depart. de Electricidade FP e Tecnoloxía Bach do noso centro.

 

Colaboramos coa Residencia de Maiores de Campolongo

O IES Laxeiro afánase elaborando postais e cartas para a residencia de maiores de Campolongo, Pontevedra. Neste caso foi o alumnado de Relixión que, en colaboración co Departamento de Orientación, traballou arreo para facerlles un Nadal máis ameno e inesquecible. Toda unha lección de vida para o noso alumnado que se enriqueceu de valores e vínculos sociais tan fundamentais e necesarios na nosa sociedade.

 

Xa van aparecendo referencias desta fermosa e fantástica iniciativa na prensa:

  1. https://cadenaser.com/galicia/2022/12/21/la-residencia-de-mayores-de-campolongo-supera-ya-las-10000-cartas-radio-pontevedra/
  2. https://www.eldiario.es/galicia/ancianos-residencia-pontevedra-reciben-miles-cartas-iniciativa-denuncia-soledad_1_9806312.html
   

Feliz Nadal!

A gañadora do concurso de postais deste curso 2022-2023, foi a alumna Mar Taboada Montoto de 4º ESO B.

Moitas felicidades para Mar e o noso agradecemento as profesoras Mar e Elsa!

Postal de Nadal

 

 

2º CSAF: MASTERCLASS DE "MOVEMENTOS OLÍMPICOS" CON CARLOS FERNÁNDEZ (XIMNASIO Ferro´S)

13/12/2022 08:35
Europe/Madrid

O alumnado de 2º curso do CSAF realizou a pasada semana unha actividade complementaria con Carlos Fernández, técnico do Ximnasio      Ferro´S de Lalín. A formación centrouse no desenvolvemento de progresións para a aprendizaxe dos "movementos olímpicos", exercicios especificos para o adestramento de forza con pesos libres.  A actividade desenvolveuse en 3 horas lectivas na aula de prácticas do CSAF no Lalín Arena, dentro da programación do módulo "Fitness en sala de adestramento polivalente".  

DEPARTAMENTO EF CURSO 22-23

12/12/2022 17:48
Europe/Madrid

DOCENTES CURSO 22-23

  • XOSÉ PEDREIRA JORDEDO: 2º ESO - 3º ESO - MÓDULO 2 CSAF: HABILIDADES SOCIAIS
  • EVA CALVELO VÁZQUEZ: 1º BAC - MÓDULO DO 1º CURSO CSAF: ACONDICIONAMENTO FÍSICO NA AUGA
  • MATIAS EZEQUIEL ZELAYARAN VELASCO: 1º BAC - MÓDULO DO 1º CURSO CSAF: ACTIVIDADES BÁSICAS DE ACONDICIONAMENTO FÍSICO CON BASE MUSICAL - MÓDULO DO 2º CURSO CSAF: ACTIVIDADES ESPECÍFICAS DE ACONDICIONAMENTO FÍSICO CON BASE MUSICAL 
  • ANDRÉS ÁLVAREZ FERNÁNDEZ: 1º ESO / 4º ESO - MÓDULO DO CSAF: CONTROL POSTUAL, BENESTAR E MANTEMENTO FUNCIONAL.
  • FRANCISCO GUILLERMO FANDIÑO REISSMANN: MÓDULO 2º CURSO CSAF: HIDROCINESIA
  • RICARDO VÁZQUEZ VAAMONDE: MÓDULO 1º CURSO CSAF: VALORACIÓN DA CONDICIÓN FÍSICA E INTERVENCIÓN EN ACCIDENTES - MÓDULO 2º CSAF: FITNESS EN SALA DE ADESTRAMENTO POLIVALENTE.

Por unha vida sen violencia

Realizado por María Elsa Martínez Vázquez

 [By María Elsa Martínez Vázquez]

25 de novembro de 2022 

 

Programa de Inmersión Lingüística - Digital Week

Na semana de Novembro [6 - 11/11/2022], unha selección de 25 alumn@s de 2º ESO participa no Programa de Inmersión Lingüística co proveito da súa mellora de Competencia Dixital.

O centro presentou a súa candidatura segundo a Convocatoria para la selección de centros docentes públicos para participar en el programa de inmersión lingüística en lengua inglesa a través de actividades digitales, Digitalweek, dirigido al alumnado de sexto curso de EP y de ESO, curso 2022/23

A actividade é de balde para as familias e a experiencia inmersiva desenvolvese no Albergue Xuvenil de Gandarío, en Bergondo.

A ligazón da páxina web  https://playandsay.org/

Para as familias, tendes o voso código de acceso en : DigitalWeek, Xunta de Galicia | Play&Say (playandsay.org)

máis información:

1.- Portal WEB da Xunta -> https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/70462/total-2-275-alumnos-podran-participar-nuevo-programa-dixitalweek-xunta-para-mejorar?langId=gl_ES

2.- Convocatoria e Resolución -> https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/37427

 

Noticia recollida na Prensa:

Portada do Faro de Vigo 15/11/2022 -> https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2022/11/15/desafio-tecnologico-ies-laxeiro-78560648.html

Mes da Ciencia no IES Laxeiro

Como cada ano, celebramos o mes de novembro como da Ciencia en Galego. Dende o noso centron dende o Club de Ciencias e do Equipo de Normalización Lingüística, están a planificar un conxunto de actividades para disfrutar da Ciencia en Galego. A Proposta de actividades é moi diversa e conta coas seguintes, e moito máis...

Propostas de actividades para o mes da Ciencia Novembro  
  • Experimentos científicos nos recreos
Departamento de Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía
  • Investigación, elaboración e exposición de pósters sobre Ángeles Alvariño e Evaristo Galois.
Departamento de Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía
  • VideoConferencia coa científica Dña. Elena Blanco
Departamento de Física e Química
Temática: Eficiencia enerxética

 

Xa temos testimonios de Boas Prácticas no noso centro, aquí tendes unha mostra no seguinte vídeo:

Vídeo realizado por Cristina Iglesias Iglesias - Profesora de Física y Química

 

 

 
Distribuir contido