Educación Física, Física e química, Linguas clásicas, Inglés, Matemáticas, Orientación, Tecnoloxía, Administrativo, Automoción, Bioloxía e Xeoloxía, Xeografía e Historia, Economía, Plástica e Visual, Electricidade, Filosofía, FOL, Francés, Castelán, Galego, Mantemento, Música, Relixión

Profesorado Inglés


Nome e Apelidos Cargo / Titoría

Xosé Manuel López Fernández

Mª Dolores Rúa Barca

 Xefe Estudios Nocturno

Xefa do Departamento

Raquel López Rodríguez Titora 3º ESO B 
Xurxo Feijoo García Titor 2ºBAC B  
Mónica Fondevila Samartín

 

Titora 4º ESO B

 

Carme Sampedro Miranda  2º ESO B

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


DESPEDIDA LÚDICO-DEPORTIVA DO CURSO 23-24

22/06/2024 07:27
Europe/Madrid

O alumnado do IES Laxeiro remata o curso 23-24 con actividades lúdicas e deportivas: 

- Torneo de fútbol sala nos recreos (Maio e xuño; 1º a 4º ESO)

- Visita ao parque acuático de Cerceda (2º da ESO)

BO VERÁN. 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA - CASTRELOS (VIGO)

30/05/2024 08:51
Europe/Madrid

O pasado 24 de abril 20 alumnas/os de 2º da ESO do IES LAXEIRO acudiron ó campionato provincial de Orientación Deportiva celebrado no parque de Castrelos en Vigo. Boa xornada deportiva e gran experiencia para alumnos/as que xa tiñan participado neste curso na proba clasificatoria realizada en Pontevedra no mes de febreiro na cal conseguiron a súa clasificación para a final provincial.

  

 

INCIACIÓN Ó RUGBY DA MAN DE TÉCNICOS DO CLUB RUGBY CORETI LALÍN

30/05/2024 08:11
Europe/Madrid

Ó LONGO DESTE MES DE MAIO O ALUMNADO DE 1º E 2º DA ESO DO IES LAXEIRO RECIBIU A VISITA DE TÉCNICOS DO CLUB RUGBY CORETI LALÍN. DURANTE AS SESIÓNS DE EDUCACIÓN FÍSICA PRESENTARON ESTA MODALIDADE DEPORTIVA, DE AMPLA TRADICIÓN NA NOSA VILA E TRANSMISORA DE VALORES E NORMAS QUE FORTALECEN MOITO O SEU POTENCIAL COMO CONTIDO EDUCATIVO. 

AGARDAMOS QUE A ACTIVIDADE ANIME Ó NOSO ALUMNADO A INICIARSE NO RUGBY, E AGRADECEMOS O LABOR DIVULGATIVO DOS TÉCNICOS E DIRECTIVA DO CLUB RUGBY LALÍN.  

 

 

ACTIVIDADE FÍSICA NO MEDIO NATURAL: FORNELOS DE MONTES

29/05/2024 18:17
Europe/Madrid

O pasado 10 de maio o alumnado de primeiro curso de bacharelato e do ciclo superior de acondicionamiento físico desprazouse ata o Fornelos Wake Club (Fornelos de Montes) para realizar actividades acuáticas vencelladas á unidade didáctica “Actividades físicas no medio natural”. Realizáronse actividades de wakeboard, kayak, xogos en inchables, pedaletas e paddle surf ó longo de toda a mañá e a tarde.

 

 

Proba de Competencia Dixital alumnado de 2º Bacharelato e 4º ESO - Curso 2023-2024

Competencia DixitalCOMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO
2º Bacharelato - Certificación


Todos os centros educativos galegos que impartan os niveis de 2º de Bacahrelato e de 4º de ESO, realizarán as probas de certificación coa que se pretende analizar a competencia dixital do alumnado de 2º de Bacahrelato e de 4º ESO - NIVEL INTERMEDIO.

En base a

Resolución do 28 de febreiro de 2024, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato de Galicia no curso 2023/24

O alumnado de 2º Bacharelato realizará a proba de 20 minutos sobre cuestións da Área 4 de Seguridade e Privacidade en Internet.

O alumnado de 4º ESO, pode realizar a proba de competencia dixital, no mes de maio (pendente de data) para acreditar o NIVEL INTERMEDIO.


A competencia dixital enténdese a combinación de coñecementos, habilidades e aptitudes para o uso seguro, crítico e responsable das TIC na aprendizaxe, o traballo, o lecer, a participación na sociedade e a interacción con ditas tecnoloxías. A nivel práctico estrutúrase en cinco grandes áreas (Información e datos, Comunicación e colaboración, Creación de contido dixital, Seguridade e privacidade e Contorna dixital e solución de problemas). Pódese acceder na seguinte Ligazón ao portal para realizar a proba de demostración ---> Fai Click!


Mediante esta proba piloto obterase información de gran valor de cara ás decisións executivas que a CCEFPU tomará nos vindeiros cursos en relación ás accións de impacto definidas na Estratexia Educación Dixital 2030, as cales están enfocadas a unha maior presenza da educación dixital nas aulas co fin de acadar, entre outros obxectivos, a cidadanía dixital plena (convivencia dixital pacífica, alfabetización informacional e loita contra a desinformación, pensamento crítico) e atallar a fenda dixital.


Dita proba realizarase de xeito online a través da plataforma deseñada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a cal garante en todo momento a privacidade dos datos dos participantes. ComDix: Plataforma de certificación en el Marco Gallego de Competencias Digitales (xunta.gal)

ACTIVIDADES DE ACONDICIONAMENTO FÍSICO CO ALUMNADO GALEGO E RUMANO DO ERASMUS+ "SEEDS"

07/03/2024 17:54
Europe/Madrid

O pasado xoves 29 de febreiro os futuros técnicos de 1º curso do CSAF deseñaron e dirixiron dùas actividades de Fitness para alumnado participante no programa ERASMUS+ SEEDS: Sustainability, Equity and Education for Diverse Students. Durante toda a semana contamos coa visita dunha representación de alumnas/os e profesoras procedentes da cidade rumana de Buzău.  

Deixamos algúnhas imaxes das actividades realizadas agardando que foran formativas, divertidas e axudaran a concenciar @s participantes da importancia do exercicio físico como hábito de vida.  

DESPEDIDA DE ANO CON SENDEIRISMO POR MOURISCADE

01/01/2024 16:49
Europe/Madrid

O alumnado de 3º de ESO do IES Laxeiro despediu o trimestre participando nunha ruta de sendeirismo de trazado circular e 8 km de lonxitude que transcorre pola contorna de Mouriscade, seguindo o leito do río Asneiro ao seu paso polas parroquias de Doade e Vilanova. 

A actividade foi organizada polo alumnado de 2º curso do Ciclo de FP de "Guía no medio natural" do IES Colmeiro de Silleda. Durante a ruta visitamos o Castro de Doade, desfrutamos da decoración de Nadal do núcleo urbano desta parroquia no cal atopamos o museo etnográfico "Casa do Patrón" e pasamos pola aldea dos Muíños e por Vilanova onde fixemos unha parada para repoñer forzas. 

De volta a área recreativa de Mouriscade os organizadores dispuxeron con cordas distintos elementos de seguridade e pasos elevados que o alumnado do Laxeiro puido coñecer e utilizar. 

Feliz 2024.

 

VISITA AO CENTRO DEPORTIVO UNIT365 (MILLADOIRO) DO ALUMNADO DE 1º E 2º DO CSAF

17/11/2023 15:25
Europe/Madrid

O pasado venres 10 de novembro o alumnado do CSAF realizou unha visita de estudios ao centro deportivo UNIT 365, organizada polos departamentos de FOL e EF. O alumnado coñeceu da man de Roi López (ex-alumno do CSAF-IES Laxeiro, técnico de acondicionamento físico no Unit 365) o seu funcionamento, as súas instalacións e vivenciaron distintas actividades de adestramento: Pilates, adestramento en suspensión (TRX) e Ciclo Indoor. Agradecemos aos xerentes de UNIT 365 e a Roi López a boa acollida que nos ofreceron.  

TABLÓN DE ACTIVIDADE FÍSICA E SAÚDE

25/06/2023 09:01
Europe/Madrid

Deixamos imaxes dalgunhas das novas que incluímos este curso 22/23 no TABLÓN DE ACTIVIDADE FÍSICA E SAÚDE.

Distribuir contido