Skip to Content

4º ESO B 2ª semana

Esta semana toca o seguinte:

  1. Quedounos pendente algún exercicio de B e V. Tedes que facer o 4 e o 6 da páx. 103 na libreta.

 

  1. Hai que facer tamén na libreta o exercicio 4 da páx. 119 e o 1, pero indicando só adverbios e preposicións (que non formen parte de contraccións).

 

  1. Aproveitando que o venres é o Día Mundial do Teatro, imos estudar algo de léxico desta arte facendo os exercicios 3 e 4 da páx. 150 tamén na libreta. 

Destas actividades dos apartados 1, 2 e 3 mandareivos solucionario o venres.

 

  1. Seguindo co teatro, tedes que ler o texto da páx. 180-181 e enviarme ata o venres 27 ás 23:59 as respostas ás preguntas 3, 5, 6 e 7 da páx. 182 nun documento que poida editar.

 

  1. Por outra banda, o 21 de marzo foi o Día da Poesía, polo que vos comparto un documento titulado “Poesía de corentena” por se vos animades. Estaría moi ben que o fixésemos!

  1. Para rematar, envíovos un enlace para lembrarvos as bases do concurso de relatos do extraterrestre, cuxo prazo remata o 20 de abril. Animádevos a envialo que, se hai sorte, imos de excursión a Curtis!

 

Por se non o vistes, no Instagram da biblioteca do centro e no blog podedes deixar os vosos comentarios e fotos cando vos apeteza.

 

Pola miña banda, máis nada polo momento. Consultádeme calquera dúbida que xurda.  Espero que o esteades levando ben e esteades sacando algo positivo destes días estraños. 

Ánimo que xa queda menos!

 

Lucía

 



book | by Dr. Radut