Skip to Content

Instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2015/2016

Inscrición para realizar as probas: A inscrición farase na secretaría da ECRBBCCG, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o día 9 de xuño, ambos incluídos

Acceso

a) De acordo co establecido no artigo 16 da Orde do 30 de setembro de 2010, para o acceso ás ensinanzas superiores en Conservación e Restauración de Bens Culturais re-

quirirase estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente, ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba

específica de acceso.

b) Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán realizar a dita proba e, no caso de

obter praza, matricularse de forma provisional no prazo establecido; deberán acreditar a obtención do título de bacharel antes do inicio do curso no mes de setembro; no caso de

non acreditalo, perderán o dereito á matrícula e á praza.

c) De conformidade co citado artigo 16.2 da Orde do 30 de setembro de 2010, a superación desta proba específica permitirá acceder a calquera dos centros do Estado onde se

cursen estas ensinanzas, sen prexuízo da súa dispoñibilidade de prazas.

d) Así mesmo, segundo o establecido no artigo 18.1 da citada orde, poderán acceder aos estudos superiores en Conservación e Restauración de Bens Culturais, sen realizar a

proba específica sinalada no artigo 16 da mesma orde, os aspirantes que estean en posesión dun título de técnico superior en artes plásticas e deseño.

Inscrición para realizar as probas

a) A inscrición farase na secretaría da ECRBBCCG, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o día 9 de xuño, ambos incluídos. Para

tal fin, o centro deberá expor nos seus taboleiros de anuncios a normativa reguladora de admisión do alumnado.

b) Para a formalización das solicitudes de admisión, a ECRBBCCG facilitaralles ás persoas interesadas o modelo para o efecto. Unha vez cuberto, entregarase unha única instancia

na secretaría do centro, xunto coa documentación que proceda, segundo o caso, para a acreditación dos datos consignados:

– Título de bacharel ou titulación equivalente, ou certificación de ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. No caso de aspirantes que teñan pendente

a superación da proba de acceso a estas ensinanzas para maiores de dezanove anos ou algunha materia do bacharelato, farano constar na solicitude, quedando condicionada

á superación dela.

c) Os aspirantes que estean pendentes da avaliación do proxecto final, ou da avaliación final do ciclo, para a obtención dun título de técnico superior en artes plásticas e deseño

na convocatoria de xuño do ano académico 2014/15 e, en consecuencia, non dispoñan do título antes de finalizar o prazo de inscrición, poderán, igualmente, formalizar a súa inscrición

para o acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, para o que deberán presentar a certificación de ter solicitado o devandito

título para a formalización da matrícula no prazo ordinario establecido.

d) O día 10 de xuño a ECRBBCCG exporá a lista provisional de admitidos ás probas. O alumnado que non sexa admitido poderá presentar a súa reclamación, ou solicitar a emenda

dos erros observados, entre os días 11 e 12 de xuño, ambos os dous incluídos.

e) A ECRBBCCG deberá enviarlle á comisión, o día 16 de xuño, a través de correo electrónico, a relación definitiva de persoas inscritas para realizar as probas de acceso en cada

especialidade, ordenadas alfabeticamente, con apelidos, nome e número do documento nacional de identidade.

f) A relación definitiva de persoas inscritas será exposta no taboleiro de anuncios da ECRBBCCG o día 16 de xuño, así como no portal educativo da Consellería de Cultura,

Educación e Ordenación Universitaria, http://www.edu.xunta.es .

Acceso directo

a) De conformidade co artigo 18.2 da Orde do 30 de setembro de 2010, a porcentaxe de prazas sobre o total das ofertadas en cada especialidade para os aspirantes que estean

en posesión dun título de técnico superior en artes plásticas e deseño é dun 20 %. O 80 % restante será adxudicado mediante a proba específica.

b) O criterio de prelación na adxudicación das prazas por acceso directo, cando non existan prazas suficientes, será en función da mellor cualificación final obtida polo aspirante

no ciclo superior de artes plásticas alegado para o dito acceso directo, calculada segundo se establece no artigo 9.4 da Orde do 9 de setembro de 2004 pola que se regula

a avaliación e a acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas de artes plásticas e deseño de réxime especial na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Para os efectos do cálculo da cualificación media do expediente académico das persoas que soliciten acceder aos ciclos formativos, cando sexa preciso, aplicaranse as seguintes

equivalencias, agás que no seu expediente consten explicitamente as cualificacións numéricas das materias; neste caso, serán as que se teñan en conta:

– Suficiente/aprobado: 5,5.

– Ben: 6,5.

– Notable: 7,5.

– Sobresaliente/matrícula de honra: 9,0.

O resultado de aplicar a táboa de equivalencias indicada anteriormente expresarase coa media aritmética das diferentes materias que integran os cursos dos respectivos plans

de estudo, con dúas cifras decimais. Así mesmo, para determinar a media do expediente académico non se considerarán as materias ou áreas que o alumnado teña validadas ou

nas cales estivese exento.

d) No caso de non quedaren cubertas as prazas de acceso directo, estas prazas serán asignadas aos aspirantes que superaron as probas específicas.

Quinto. Desenvolvemento das probas

a) As probas específicas de acceso comezarán o día 23 de xuño, de acordo co calendario que para tal efecto estableza a comisión avaliadora da proba específica de acceso

b) A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais organizará a

distribución horaria e de espazos para facilitar a actuación da comisión avaliadora.

c) Proba específica.

1. A proba de acceso aos estudos superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais constará de tres exercicios:

Exercicio 1. Madureza e formación.

O primeiro exercicio consistirá na análise dun texto, relacionado cos bens culturais, nun tempo máximo de noventa minutos.

Este exercicio terá como obxecto apreciar a madureza e formación xeral do/a alumno/a, capacidade de síntese e relación. A cualificación do exercicio oscilará entre 0 e 10.

Exercicio 2. Coñecementos específicos.

O segundo exercicio versará sobre as materias do nivel educativo precedente: a) Historia de España, b) Historia da Arte, c) Física e Química, d) Bioloxía. O/A alumno/a seleccionará

dúas das ditas materias e desenvolverá por escrito unha cuestión de entre catro que lle sexan propostas de cada unha das dúas materias elixidas.

O tempo máximo para contestar a cada unha das cuestións sobre as materias elixidas será de sesenta minutos.

Este exercicio terá por obxecto acreditar que o alumno posúe coñecementos específicos suficientes para cursar os estudos de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

Cada unha das materias do exercicio será puntuada de 0 a 10 e a media aritmética resultante constituirá a nota do exercicio.

Exercicio 3. Aptitude plástica.

O terceiro exercicio constará das seguintes partes:

a) Realización dun debuxo do natural, de enfoque mimético, con modelo real, exento e inanimado. Valorarase a fidelidade na representación, a calidade do grafismo e a precisión

e acabado do traballo.

b) Realización dun traballo sobre representación de cor. Considerarase a correcta utilización das técnicas empregadas e o grao de comprensión dos valores e calidades de cor.

c) Realización dun traballo práctico para a valoración das aptitudes específicas que requiren os estudos de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Considerarase a

habilidade manual, a meticulosidade e a pulcritude na realización do traballo.O tempo máximo para a realización deste exercicio determinarao o tribunal de acceso.

Este exercicio terá por obxecto apreciar as aptitudes dos alumnos, tanto plásticas como específicas, para a conservación e restauración. A súa cualificación será a media aritmética

da puntuación obtida en cada epígrafe, que se cualificará entre 0 e 10.

A cualificación global da proba resultará da media ponderada das cualificacións obtidas nos distintos exercicios. Os exercicios primeiro e segundo ponderaranse nun 20 % cada un

e o terceiro nun 60 %.

Para a superación da proba de acceso exixirase unha cualificación global igual ou superior a 5.

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Educación,Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para

o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2015/16. (DOGA  27 de abril de 2015)



story | by Dr. Radut