Skip to Content

Atrévete a viaxar por Europa!!! Xornada difusión programa Erasmus +



Atrévete a viaxar por Europa!!! Xornada difusión programa Erasmus +

Se tes entre 17 e 30 anos ven a coñecer as túas posibilidades de mobilidade por diferentes paises europeos.

Nesta xornada aprenderás como viaxar por Europa a través de Intercambios Xuvenís e incluso facer unha larga estancia ata 12 meses co Servizo de Voluntariado Europeo. Todo elo de forma gratuita ou por un mínimo custo.

A xornada terá un compoñente expositivo e práctico mediante obradoiros e o intercambio de experiencias con voluntariado europeo que presta o seu servizo en Pontevedra.

 

Data: sábado 11 de abril

Horario:de 9,30 a a 13, 30 h. e de 16 a 20 h. ( 8 horas)

Lugar: seminario do Pazo da Cultura

Prazas: 30

Imparte: Asociación Galega de Formación do Profesorado

Actividade incluida no programa de formación Pisando Forte 2015pisando_forte_2015

·        Aberta inscrición ata o 9 de abril :

·        on-line na http://xuventude.pontevedra.eu  formulario pre-inscríbete de Pisando Forte 2015

·        presencial, teléfono ou correo na "Casa Azul" r/ Sor Lucia 2. Oficina de Xuventude horario de 9 a 14.30 h.

Tel. 986 84 03 67 xuventude@pontevedra.eu

 

 

 

 



story | by Dr. Radut