Skip to Content

Convocadas as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización

Resolución do 14 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.

  • O prazo de presentación das solicitudes será entre o 16 e o 27 de febreiro de 2015.
  • As probas terán lugar o día 24 de abril de 2015, en sesións de mañá e tarde, no IES San Clemente de Santiago de Compostela.
  • Condicións das persoas aspirantes.
    1. Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
    a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2015.
    b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
    c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2014/15.
    O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas
  •  Os aspirantes poderán matricularse dos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.
    Poderanse matricular tamén na proba, para realizar o exercicio correspondente ás materias comúns, os aspirantes que teñan superadas as materias de modalidade de calquera
    das dúas vías da modalidade de Artes.
  • Forma, lugar e prazo de presentación.
    1. O prazo de presentación das solicitudes será entre o 16 e o 27 de febreiro de 2015.
    2. As solicitudes deberán presentarse en soporte papel, de acordo co modelo que se incorpora como anexo I a esta resolución, nos centros sinalados no número 3 desta epí-
    grafe ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo
    común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es.
    3. Os centros onde se pode presentar a solicitude son os seguintes:
    a) Centro EPA Eduardo Pondal, rúa Pepín Rivero 3, 15003 A Coruña.
    b) IES San Clemente, rúa San Clemente s/n, 15705 Santiago de Compostela.
    c) Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa s/n, 27003 Lugo.
    d) Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor 4, 32002 Ourense.
    e) Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires 26, 36002 Pontevedra.
    f) Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra 8-1º, 36202 Vigo.
  •  Xunto coa solicitude presentarase a seguinte documentación:
    a) Copia do DNI ou doutro documento equivalente cando non se autorice a súa consulta.
    b) Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da
    Xunta de Galicia ou non se autorice a súa consulta.
    c) Acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro no caso de solicitar a exención das materias de Lingua Galega e Literatura I e II.
    d) Se procede, certificacións académicas ou copia compulsada do libro de escolaridade e/ou historial académico, onde se acredite ter superado materias para validar algún exercicio.
  • Características da proba.
    1. A proba organizarase de xeito diferenciado segundo as dúas modalidades de bacharelato para as cales se convoca.
    2. A proba constará de dous exercicios: o primeiro deles terá unha duración de cinco horas e o segundo, de tres horas trinta minutos. Entre os dous exercicios haberá un descanso
    de dúas horas.
    3. Os contidos dos exercicios terán como referente os aspectos básicos do currículo recollido no Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo
    do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
  •  Primeiro exercicio, de materias comúns.
    a) Primeira parte: Lingua Galega e Literatura. Incluirá cuestións que medirán as habilidades e destrezas de expresión e comprensión e as capacidades de reflexión sobre
    aspectos lingüísticos, de interpretación crítica de textos e de análise e recoñecemento das características textuais. Tamén conterá preguntas sobre movementos literarios, obras e
    autores relevantes da literatura galega, nas cales se valorarán as capacidades de comparación, interpretación e valoración crítica do aspirante.
    b) Segunda parte: Lingua Castelá e Literatura. Incluirá cuestións que medirán as habilidades e destrezas de expresión e comprensión e as capacidades de reflexión sobre
    aspectos lingüísticos, de interpretación crítica de textos e de análise e recoñecemento das características textuais. Tamén conterá preguntas sobre movementos literarios, obras e
    autores relevantes da literatura en lingua castelá, nas cales se valorarán as capacidades de comparación, interpretación e valoración crítica do aspirante.
    c) Terceira parte: lingua estranxeira. A partir dun texto ou textos propostos, o aspirante deberá demostrar as súas capacidades de comprensión e expresión escritas na lingua
    obxecto de exame, que poderá ser inglés ou francés.
    d) Cuarta parte. Resposta por escrito a unha serie de cuestións relativas aos contidos das materias de Ciencias para o Mundo Contemporáneo, Filosofía e Cidadanía, Historia da
    Filosofía e Historia de España.
    5. O segundo exercicio, diferente para cada modalidade, versará sobre as materias de modalidade establecidas no artigo 7 do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece
    a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Avaliará o logro dos obxectivos propios do bacharelato e a adquisición das destrezas básicas
    das materias de modalidade, como a comprensión de conceptos, o manexo da linguaxe científica, a resolución de problemas e as capacidades de analizar, relacionar e sintetizar.
    O aspirante realizará os exercicios correspondentes ás materias obrigatorias da modalidade que seleccione, e doutras catro elixidas de acordo coas especificacións do anexo V.
    Para cada unha das partes do segundo exercicio integraranse nun mesmo exame cuestións das materias incluídas nelas.
  • Normas de realización da proba.
    1. Entre as 8.30 e as 9.00 horas realizarase o chamamento para o acceso aos espazos de realización da proba. Os aspirantes identificaranse debidamente con DNI ou pasaporte
    antes de entrar neles.
    2. A sesión da mañá durará das 9.00 ás 14.30 horas e dedicarase á realización do exercicio correspondente ás materias comúns. Organizarase en dous períodos:
    Primeiro, das 9.00 ás 12.00 horas: realizaranse os exames correspondentes ás materias comúns Lingua Galega e Literatura (I e II) e Lingua Castelá e Literatura (I e II). Ao
    comezo deste período, o tribunal repartirá entre os aspirantes os exames correspondentes a ambas as dúas linguas, para que estes dosifiquen o tempo dispoñible de acordo coas
    súas preferencias.
    Segundo período, das 12.30 ás 14.30 horas: realizaranse os exames correspondentes a Lingua estranxeira (I e II) e cuestións de Ciencias para o Mundo Contemporáneo, Filosofía
    e Cidadanía, Historia da Filosofía e Historia de España. Igualmente, ao comezo deste período, o tribunal repartirá entre os aspirantes os dous exames para que estes dosifiquen
    o tempo dispoñible de acordo coas súas preferencias.
    3. A sesión da tarde dedicarase á realización do exercicio das materias de modalidade, de acordo coas especificacións do anexo V, e durará das 16.30 ás 20.30 horas. Organizarase
    en tres períodos:
    Primeiro, das 16.30 ás 18.00 horas: realizarase a parte ou exame correspondente ás materias de modalidade obrigatorias.
    Segundo, das 18.00 ás 19.00 horas: realizarase a parte segunda das probas de modalidade.
    Os aspirantes escollerán unha entre as dúas opcións sinaladas para esa segunda parte na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais ou unha entre as catro opcións
    da modalidade de Ciencias e Tecnoloxía.
    Terceiro, das 19.30 ás 20.30 horas: realizarase a parte terceira das probas de modalidade.
    Os aspirantes escollerán unha entre as tres opcións sinaladas para a terceira parte na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais ou unha entre as tres opcións sinaladas
    para a modalidade de Ciencias e Tecnoloxía.
  • Os aspirantes poderán utilizar os seguintes materiais na realización da proba:
    a) Nas materias que implican operacións numéricas (exames con contidos de Matemáticas,Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais, Física e Química, Física, Química, Electrotecnia,
    Tecnoloxía Industrial e Economía) poderán utilizar unha calculadora científica, agás as que sexan programables, gráficas ou con capacidade para almacenar e transmitir datos.
    b) Nas materias de Latín e Grego, dicionario desas linguas.
    c) Na materia de Debuxo Técnico, portaminas ou lapis, goma, regra milimetrada, escuadro, cartabón e compás.
    Os aspirantes non poderán utilizar durante a realización da proba teléfono móbil nin calquera outro dispositivo de almacenamento ou transmisión de datos.
  • Máis información e modelos das probas de convocatorias anteriores no enlace http://www.edu.xunta.es/web/node/1238

 

 



story | by Dr. Radut