O día 1 de agosto publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2022/23.
Poderán matricularse nas ensinanzas para persoas adultas todas as persoas maiores de dezaoito anos, ou que os fagan no ano 2022.
Tamén poderán matricularse aquelas persoas maiores de dezaseis anos, ou que os fagan no ano 2022, que teñan un contrato laboral en vigor ou sexan deportistas de alto nivel. Calquera destas circunstancias deberá ser acreditada documentalmente á hora de formalizar a matrícula.
Prazo de matriculación:
- Educación secundaria para persoas adultas: entre o 1 e o 8 de setembro
- Bacharelato semipresencial para persoas adultas: entre o 1 e o 20 de setembro