Skip to Content

CONVOCATORIA PARA FAMILIAS DE 1º E 2º ESO: CONVOCATORIA DE PROA (ANO ESCOLAR 2014/2015)

O mércores día 26 de novembro, ás 18:30 horas, haberá unha reunión informativa, destinada ás familias de alumnado de 1º e 2º ESO para tratar a convocatoria do PROA a desenvolver neste ano escolar.

Programa de reforzo, orientación e apoio (PROA): modalidade de acompañamento fóra do horario lectivo.

Na convocatoria para o curso 2014/15 permanecerá unha das dúas modalidades do anterior programa: acompañamento escolar (fóra do horario lectivo), dirixido ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º curso de primaria e ao alumnado de toda a ESO, e nela daráselles unha maior relevancia ás accións dirixidas á mellora da aprendizaxe do alumnado en desvantaxe socioeducativa.

Descrición da actuación

Con esta actuación preténdese mellorar as perspectivas escolares do alumnado con dificultades, a través do traballo ou apoio organizado para a adquisición das destrezas básicas que lle faciliten a incorporación plena ao ritmo de traballo ordinario e ás esixencias das diferentes áreas e materias.

Destinatarios

Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º curso de primaria ou de toda a educación secundaria obrigatoria que presente dificultades e problemas de aprendizaxe ou que estea en desvantaxe educativa por causa do contorno sociocultural en que se desenvolve.

Obxectivo: potenciar a aprendizaxe e o rendemento escolar deste alumnado mediante:

·         o fornecemento de destrezas e coñecementos necesarios nas competencias básicas (CMCT e CCL)

·         a adquisición de técnicas de traballo intelectual.

·         a adquisición de hábitos de organización e constancia no traballo.

·         alento ao estudo a través de dinámicas de traballo eficaces.

·         incremento do hábito lector.

·         a mellora da súa integración social, no grupo e no centro.



story | by Dr. Radut