Skip to Content

Avisos e noticias

BOB DYLAN, PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2016

PREMIOS AOS MELLORES EXPEDIENTES

Unha vez máis, Bibliomuriel é portadora de boas novas.

Alumnas do noso instituto volveron deixar o pavillón moi alto: recibiron  o recoñecemento da USC aos mellores expedientes.

Éstas son as nosas campeonas:

Aldara Tubío, Aldara Muíños e Noelia Martínez . Faremos mención especial de  Aida Saco, que aínda que non puido cursar o BAC no noso IES,  tamén acadou o premio tan ansiado por todo estudante.

Parabéns para as protagonistas, os seus pais e os profesores: Imos a "toda máquina".

Taller da ONCE na biblioteca

OS XEROGLÍFICOS NA BIBLIOMURIEL

A exiptóloga Eugenia Muñoz da Universidade de Lovaina e becaria na Sorbona de París, falou na bibliomuriel sobre os xeroglíficos. Todos disfrutamos e, sobre todo, aprendimos.
Esperamos vela oo próximo curso. Grazas, Eugenia!

 

 

 

 

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2016

Bibliomuriel celebra a Semana das Letras Galegas.

Empezamos xa cunha presentación.

VIAXE A MONFRAGÜE 2016

 Os alumnos de1º BAC e os profesores Sofía Rama e Rafael Saco deixaron as súas pegadas por Salamanca e Extremadura!

Repetirémolo

ENTREVISTA DE X.RICARDO LOSADOA A J. MANUEL LOBATO

"RECORDANDO AO ALZHEIMER"

O día 17 de marzo o Equipo da Biblioteca, coordinado por Esperanza Sánchez, organizou unha charla sobre o Alzheimer a cargo da directora de AGADEA, do concello de Ribeira. A ponencia foi brillante e a súa exposición servíunos a todos para coñecer e, sobre todo, entender esta enfermedade tan presente e frecuente hoxe.

Grazas Noelia!

 

 

 

ENTREVISTA NA BIBLIOTECA ÁS GAÑADORAS DA OLIMPIADA FILOSÓFICA

As gañadoras da Olimpiada Filosófica Galega, Amanda Mariño e Alicia e María Fernández foron hoxe as protagonistas da Bibliomuriel. Entrevistóunas unha periodista da voz de Galicia, baixo a mirada aenta do seu profesor de filosofía, Rafael Saco.

Unha vez máis NORABOA AOS TRES!

 

 

TALLER DE ESCRITURA CUNEIFORME

O equipo da Bibliomuriel, baixo a supervisión da profesora e membro do noso grupo dinamizador Esperanza Sánchez organizou unha xornada de escritura cuneiforme, ao cargo  do especialista o profesor Pedro Blanco Rubio, do Instituto Bíblico Oriental de León. Á dita actividade asistiron todos os alumnos de 1º de ESO e os de Grego de 1º de BAC. Un éxito!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut