Skip to Content

Avisos e noticias

ALGO ESTÁ A PASAR NO DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

Pois sí. Non somos quen de explicarnos  cómo a profesora de física e quimica, Mónica Iglesias Maneiro, consegue, ano tras ano, gañar na súa categoría a Carreira Popular organizada polo concello de Rianxo. E queda como si houbera dado un paseíño romántico ou unha relaxada andaina por unha corredoira amena. Estamos empezando a coidar que alí, no seu laboratorio inventou a fórmula da eterna xuventude e vitalidade (iso ou pactos aracanos con Mefistófeles). 

Noraboa un ano máis, Mónica! e, si é posible, pásanos ás demáis un pouco da pócima...

NOVAS DA BIBLIOMURIEL

O próximo 24 de outubro celebraremos o Día da Biblioteca. Para festexalo contaremos ca visita do profesor e escritor Xoán Xosé Fenández  Abella, que nos deleitará cos seus recitados e a súa convesa, sempre brilante.

Tamén , representantes do grupo"Scripta manent" farán lecturas dos seus escritos.

Nos próximos días se vos informará do horario e, polo tanto, dos grupos que estean dispostos a asistir.

"SCRIPTA MANENT"

O martes, día 10 ás 16,20 o equipo da biblioteca presentará oficialmente o grupo Scripta manent que, como sabedes, está integrado por todos os membros da comunidade educativa, aficionados a ler e escribir. Gracias a uns cantos entusiastas, a páxina pudo manterse durante o curso pasado e agardamos que este ano se incremente o número de participantes. 

SAMAÍN NA BIBLIOMURIEL

Comeza un novo curso e Félix, a mascota de Bibliomuriel, internase nas redes sociais. Ten Twiter (@BiblioMuriel) e Facebook (BiblioMuriel Rianxo)!!

Séguenos!!!

Porque a lectura nunca pasou de moda...

"SCRIPTA MANENT"

 

Próximamente publicaremos todos os textos dos nosos colaboradores. No

mes de outubro estará todo en marcha. Seguide escribindo, que aquí

estamos nós para dalo a coñecer.

BENVIDOS Á BIBLIOMURIEL

Voltamos, unha vez máis, cheos de proxectos e ilusións. Neste curso o Equipo da Bibliomuriel é distinto, mais tentaremos continuar co entusiasmo dos nosos predecesores.

LA SUCESIÓN DE FIBONACCI. ¡HASTA SIEMPRE, PEPA Y VILARIÑO!

Mi primer encuentro serio con las matemáticas lo calificaría de curioso más que traumático.

LIBRO FORUM COS NOSOS COLABORADORES DE SCRIPTA MANENT

O día 16 de maio os nosos colaboradores na sección Scripta manent foron os protagonistas dun libro forum onde recitaron as súas composicións e nos fixeron partícipes das súas experiencias creadoras. A actividade foi moi ben recibida polos alumnos, que participaron activamente no seu desenrolo.

OLIMPÍADA MATEMÁTICA

 

Dende Bibliomuriel felicitamos aos participantes(2ºESO) na Olimpíada

Matemática,celebrada en Santiago o 27 de abril. Irene Creo, Paula

Tubío, Alberto Ordóñez y Marco Bravo, dirixidos pola profesora María

DÍA DO LIBRO: ROMEO E XULIETA

Os alumnos de 3ºESO, representaron un fragmento da coñecida peza teatral de Shakespeare, baixo a dirección da profesora de inglés, Rosa Suárez, no lector de inglés Luke e a profesora de educación física, Mª Xosé Morlán.

Noraboa e grazas a todos!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut