Skip to Content

Recitando a Manuel María

Promoción 2010-2016 do I.E.S. Félix Muriel

Despedida do alumnado de 2º de Bacharelato

Voz en off: Margarita Santiago

Realización: Sofía Rama

Música: María Xosé Silvar (Sés)

Oferta Actualizada de Ciclos de FP

19/05/2016 09:58
Europe/Madrid
A Consellería de Educación publica cada curso a oferta actualizada de ciclos de Formación Profesional Específica. Consulta aquí a última oferta publicada, para o curso 2015/2016.

O ENDL gaña o premio de Innovación en Dinamización Lingüística

O IES Félix Muriel, xunto a outros cinco centros, conseguiu a puntuación de excelente no seu proxecto de Innovación e Dinamización Lingüística. A proposta rianxeira "Aspiramos a ser simplemente un paraiso lingüístico" non podería levarse a cabo sen a dirección da súa responsable Valentina Formoso e todo o equipo tanto de profesorado e alumnado que colabora ano tras ano. por este motivo o premio é de todos.

Grazas a todos por un excelente traballo!

Charla coas familias do alumnado de 4ºESO

12/05/2016 11:30
Europe/Madrid

Déixovos o enlace da presentación que estivemos visualizando e comentando onte.

Moitas grazas aos asistentes polo esforzo de vir ao IES, e para aqueles que non tiveron a oportunidade de achegarse, convídovos a que lle botedes un vistazo a esta presentación, moi completa e que pode resolver moitas dúbidas.

 

http://monicadizorienta.blogspot.com.es/2013/05/sesion-de-informacion-ac...

Becas e Axudas para o Estudio

12/05/2016 11:20
Europe/Madrid

Onte tivemos charla coas familias, durante a sesión saliron dúbidas sobre as becas, deixovos unha presentación con toda a información, lembrade que podedes pedir axudas para ciclos de grao medio e superior, para bacharelato e para estudios universitarios.

Se aínda quedan dúbidas, pasade polo Dpto de orientación

Escolma de poemas de Manuel María

Residencias Universitarias 2016-17

09/05/2016 13:08
Europe/Madrid

Déixovos un arquivo que é unha presentación con toda a información sobre as Residencias Universitarias Públicas de Galicia, para o próximo curso 2016-17.

LETRAS GALEGAS 2016

Bibliomuriel celebra a Semana das Letras Galegas.

Empezamos xa cunha presentación.

Distribuir contido


by Dr. Radut