Eventos
Lun | ||
---|---|---|
Comezo: 04/12/2023 09:49
Neste curso 2023-24 o IES Félix Muriel como centro acreditado Erasmus+ pon en marcha o seu proxecto KA121 VET. O cal está dotado de 3 prazas para realizar mobilidades no exterior de alumnado do 2º curso do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia. O alumnado interesado e seleccionado poderá realizar o módulo da FCT (formación en Centros de Traballo) nunha entidade, organización, institución nun país estranxeiro. É requisito fundamental que o alumnado seleccionado teña superados o resto dos módulos do ciclo na convocatoria ordinaria de marzo. En adxunto poden consultarse: - A convocatoria. - As bases. - O formulario de solicitude. Consideramos importante a internalización do noso centro pero sobretodo sabemos que é unha experiencia enriquecedora para o noso alumnado. Anímate a participar. O prazo para a presentación das candidaturas é ata o 31 de decembro. O proceso de selección de candituras está en marcha. A semana do 15 de xaneiro de 2024 a Comisión de selección Erasmus realizará as entrevistas ás persoas candidatas. En adxunto (tamén pode verse no taboleiro de anuncios do CM) indícanse as horas e datas das entrevistas. Tras a realización da baremación e as entrevistas persoais ás candidaturas presentadas, a Comisión publica unha resolución co resultado do proceso selectivo. En adxunto poden verse as puntuacións acadadas por cada persoa candidata. Haberá ata o mércores 1 de xaneiro para reclamacións.
|