Skip to Content

SAÍDAS DIDÁCTICAS DO ALUMNADO DE 3º ESO

Os pasados 10 e 11 de outubro o alumnado de 3º ESO tivo a oportunidade de participar en dúas actividades extraescolares moi interesantes e enriquecedoras. Aquí vos deixamos un vídeo-resumo:

 

PROBAS DE ACREDITACIÓN DE NIVEL LINGÜÍSTICO

Xa está aberta a inscrición nas Escolas Oficiais de Idiomas para as probas libres de acreditación de nivel lingüístico. O prazo é ata o 20 de outubro ás 12:00 a.m e terá que realizarse a través da seguinte aplicación:

https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre/alumnos/

As probas celebraranse no mes de xaneiro de 2024.

Na EOI de Vilagarcía o alumnado poderá matricularse para realizar as probas dos seguintes idiomas e niveis:

   Alemán: A2, B1, B2.
   Francés: A2, B1, B2, C1.
   Galego: A2, B1, B2, C1
   Inglés: A2, B1,B2, C1
   Italiano: A2, B1, B2, C1.
   Portugués: A2, B1, B2, C1

Tedes máis información sobre a inscrición, as taxas, o calendario de exames, as probas modelo e guías para as persoas candidatas na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/centros/eoivilagarcia/?q=node/160

VII XORNADAS DO TDAH 2023

A Asociación TDAH Salnés convídanos a toda a comunidade educativa a participar nas xornadas anuais "Ti tamén formas parte do TDAH" que terán lugar o próximo sábado 21 de outubro no Auditorio do Concello de Cambados.

Diferentes profesionais especializados neste trastorno expoñerán toda a actualidade relacionada cos distintos aspectos aos que pode afectar. Para asistir é preciso inscribirse a través da seguinte ligazón:

Inscrición nas Xornadas do TDAH

Descarga aquí o programa das Xornadas

VISITA Á ESCOLA DE ARTE CALIVERAS

O pasado venres 29 de setembro o alumnado de 1º ESO achegouse ata o Auditorio municipal para coñecer a ampla e variada oferta formativa que ofrece a Escola de Arte Caliveras en Vilanova de Arousa. Grazas a Nolo por acollernos tan ben e por fomentar a gana de formarse e o valor da creatividade como piares da sociedade do porvir!

Web de Caliveras: https://caliveras.com/

Instagram: #caliveras

 

<div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 56.25%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe title="Caliveras" frameborder="0" width="1200" height="675" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/651b296d94175900111184b0" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div><div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 56.25%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe title="Caliveras" frameborder="0" width="1200" height="675" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/651b296d94175900111184b0" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div>

COMEZO DAS CLASES NO CURSO 23 - 24

RECOLLIDA VALES DE MATERIAL ESCOLAR

Información importante para as familias:

A partirdo do mércores 6 setembro xa podedes pasar pola administración do centro para retirar os vales do material escolar, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut