Skip to Content

CLUB DE RADIO

 

Xa temos Club de radio! A idea partíu de Aroa, Mateo e Rita, e deseguido

se lles uniron Antía, Iria, Adriana, Alejandro e Manuel. A idea é gravar

e publicar un podcast semanal no que falarán dos temas que lles interesan,

e mesmo pensan facer algunha que outra entrevista. Moitos parabéns a

estes mozos e mozas por ser tan activos e emprendedores!

 

 

 

 

 

VÍDEO-RESUMO DAS ACTIVIDADES DO SAMAÍN 2023

Moitas grazas a todo o alumnado e profesorado que participou nas actividades do Samaín. Aquí tedes un vídeo-resumo das mesmas.

Nesta ligazón podedes ver o álbum de fotos de Samaín 2023.

 

PREMIADOS NO CONCURSO DE CABAZAS DE SAMAÍN

Os gañadores do concurso de cabazas foron:

1º Premio: Mateo Filippini (5 puntos Faroviaxa)

2º Premio: Uxía Maquieira (3 puntos Faroviaxa)

3º Premio: Antía Maneiro (2 puntos Faroviaxa)

 

Parabéns aos premiados e grazas a todos os participantes!

VISITA DE AROUSA MOZA

Hoxe recibimos a visita de Cristina, Pablo, Raúl e Borja, da asociación Arousa Moza. Viñeron invitar aos nosos rapaces e rapazas a participar nun encontro que están preparando para o 19 de novembro dentro do proxecto europeo Iniciativa xove. Trátase de que a xuventude de Vilanova propoña ao concello accións de mellora relacionadas cun ocio máis atractivo e san.

Ademais, Raúl e Borja faláronnos do seu paso polo concurso Reacción en cadena, no que participan co propósito de recadar fondos para conseguir un local propio no que levar a cabo todas as actividades que organizan para a mocidade da comarca. Foi un pracer coñecer a esta xente nova tan comprometida co benestar da nosa mocidade.

CLUB DE XADREZ

Animados polo profe Adolfo, Mateo, Gerardo e Íker tomaron a iniciativa de crear o Club de Xadrez do Faro das Lúas. A súa intención é a de organizar torneos entre o noso alumnado e, quen sabe, tal vez competir contra outros centros da contorna.

 

CHARLA SOBRE ALTAS CAPACIDADES

A Asociación DiverXentes Altas Capacidades Galicia organiza unha charla-coloquio co título de "Familia, escuela y alta capacidades". Terá lugar o vindeiro 4 de novembro no salón de actos da Biblioteca municipal de Marín, de 11:00 a 13:00. Dirixida a familias e docentes, ben seguro que resuiltará de moito interese. Deixámosvos aquí o cartaz de promoción da actividade:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut