Skip to Content

CALENDARIO DE MATRÍCULA CURSO 23-24

A partir do luns 26 de xuño ábrese o prazo de matrícula, que se organiza nas seguintes quendas:

  Ligazón para descargar o pdf informativo

ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 23-24

AVISO IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS

O noso centro forma parate do programa E-dixgal desde 1º ata 4ºESO. Isto implica que as familias non poden solicitar a axuda para libros de texto, pero aproveitarase o fondo solidario co que contamos para distribuílo entre o alumnado ata agotar as existencias.

Ata o inicio de curso non se saberá o nº de alumn@s que haberá en cada nivel, nin o que se matriculará en cada unha das materias optativas, polo que aconsellamos ás familias que agarden ata setembro para saber se deben adquirir ou non os libros das materias nas que se vai traballar con eles. As familias serán oportunamente informadas a principio do próximo curso.

              Acceso á listaxe de libros de texto para o curso 23-24

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS SOBRE A ANTIGÜIDADE

A rapazada de 1º ESO organizou unha exposición interesantísima sobre as civilizacións antigas. Dirixidos pola súa profesora de Xeografía e Historia, Andrea Pérez, construíron representacións moi logradas das construcións máis coñecidas de Grecia, Roma, Exipto ou da cultura castrexa, por poñer algúns exemplos. 

Hecho con Padlet

GRADUACIÓN DE 4º

Onte celebramos a graduación dos mozos e mozas de 4ºESO.

Parabéns a todo o noso alumnado que remata esta etapa!

Calquera que sexa o camiño que decidades tomar, desexámosvos a mellor das sortes.

(Accede aquí ao álbum de fotos do acto de graduación)

Publicación do acto no Diario de Arousa

 

O NOSO MURAL NA PRENSA LOCAL

A prensa local fíxose eco da presentación oficial do noso mural. Deíxámosvos aquí as ligazóns ás publicacións dos diferentes xornais:

La Voz de Galicia

Diario de Arousa

Faro de Vigo

PREMIOS FAROVIAXA

Como cada ano, a final de curso concedemos os premios Faroviaxa ao alumnado que resultou gañador dos distintos concursos que se foron celebrando ao longo do curso: Ama coa lingua, Fotografía matemática, A festa dos libros e a Xincana urbana de Valle Inclán.

O premio foi unha visita a La Platanera, en A Illa de Arousa, onde os premiados puideron desenvolver a súa vea creativa participando nun obradoiro de cerámica. O resultado final, unhas tazas personalizadas e moi orixinais!

Parabéns a todos e todas!

(Podes ver e descargar aquí todas as fotos)

Distribuir contido


by Dr. Radut