Skip to Content

ANDAINA "SENDA DAS LÚAS"

Este mércores 21 de xuño celebraremos a 1ª Andaina "Senda das Lúas", enmarcada dentro do proxecto do programa "Polos creativos" no que participa o noso centro.  A Senda das Lúas é unha ruta circular de sendeirismo que percorre os puntos de interese cultural, artístico e natural do concello de Vilanova. O alumnado de 1º e 2º ESO partirá do instituto e percorrerá a pé os 8 Km que nos separan do mirador Faro das Lúas, sempre acompañdo polo profesorado do centro. O alumnado de 3º e 4º fará o percorrido de volta dende o mirador ata o centro. Contaremos coa presenza de Manolo Chazo, o escultor e creador da escutura que dá nome ao mirador e ao noso centro.

INAUGURACIÓN DO MURAL DO INSTITUTO

Mañá martes pola tarde, ás 17:00 horas, farémola inauguración do noso mural, no que participou todo o alumnado baixo a dirección do artista plástico Alejandro Mosquera

O mural foi deseñado polo artista, quen recolleu as aportacións do alumnado para crear unha homenaxe ao pobo de Vilanova en clave de arte urbana.

(Acceso ao álbum de fotos do proceso de creación do mural)

 

ACTO DE GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 4º ESO

Mañá martes terá lugar o acto de graduación da  promoción 2019-2023. Será no Auditorio / Casa da Cultura  de Vilanova, a partir das 12:00. Quedamos todos invitados!

ENTREGA DE NOTAS E CALENDARIO DE MATRÍCULA

O próximo mércores 21 de xuño remata o curso 2022-2023. A entrega de notas terá lugar o venres 23 de xuño no seguinte horario:

 

Ao longo do horario indicado o alumnado terá que presentarse no centro para a recollida de notas así como para a entrega de material.


Recordamos a obrigatoriedade de devolver:


- Os libros prestados polo banco de libros en 3º e 4º ESO.
- Os libros prestados pola biblioteca.

 

ENTREGA ORDENADORES


O martes día 20 de xuño ao longo das tres primeiras horas da mañá o alumnado baixará por quendas á aula de Tecnoloxía para entregar os ordenadores, para seren actualizados. Deberán estar en perfecto estado o ordenador, cargador e maletín, e ter carga completa.
O alumnado que cambie de centro deberá entregar os ordenadores prestados, en bo estado, con todos os complementos entregados e os acordos de devolución asinados polas familias.

 

CALENDARIO DE MATRÍCULA

A partir do luns 26 de xuño ábrese o prazo de matrícula, que se organiza nas seguintes quendas:

  Ligazón para descargar o pdf informativo

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O pasado día 5 de xuño foi o Dia mundial en defensa do medio ambiente, e o alumnado de 1º e 3º da ESO, axudados e dirixidos polos integrantes da Asociación Amicos de Boiro, saíu á praia das Sinas para contribuír á súa limpeza. Seguindo as instrucións dos nosos amigos da asociación, fumos quen de retirar uns 42 quilos de lixo, e de clasificalo para a súa reciclaxe. Queremos expresar o noso agradecemento aos membros da Asociación pola súa xenerosa colaboración á concienciación da importancia de manter limpa a nosa Ría.

Nesta ligazón podedes ver e descargar todas as fotos da actividade.

 

XORNADA DE CONVIVENCIA DOS CLUBS DE LECTURA DE 1º e 2º ESO

O alumnado dos clubs de lectura de 1º e 2º da ESO desfrutou no día previo á celebración do Día das Letras Galegas dunha xornada diversa onde puideron coñecer o funcionamento dunha fábrica no porto de Marín (resultado final da participación no programa "Atrévete"), gozar dunha xornada de convivencia na praia de Mogor e descubrir as moitas actividades que teñen na Escola de Arte de Vilanova "Caliveras" (esta última actividade en conxunto co alumnado do club de lectura de 3º e 4º). Foi unha xornada marabillosa que seguro que se repite para ano con máis lecturas, máis saídas e máis plans de coñecemento cultural e global!

Distribuir contido


by Dr. Radut