Skip to Content

ENTREGA DE NOTAS E CALENDARIO DE MATRÍCULA

O próximo mércores 21 de xuño remata o curso 2022-2023. A entrega de notas terá lugar o venres 23 de xuño no seguinte horario:

 

Ao longo do horario indicado o alumnado terá que presentarse no centro para a recollida de notas así como para a entrega de material.


Recordamos a obrigatoriedade de devolver:


- Os libros prestados polo banco de libros en 3º e 4º ESO.
- Os libros prestados pola biblioteca.

 

ENTREGA ORDENADORES


O martes día 20 de xuño ao longo das tres primeiras horas da mañá o alumnado baixará por quendas á aula de Tecnoloxía para entregar os ordenadores, para seren actualizados. Deberán estar en perfecto estado o ordenador, cargador e maletín, e ter carga completa.
O alumnado que cambie de centro deberá entregar os ordenadores prestados, en bo estado, con todos os complementos entregados e os acordos de devolución asinados polas familias.

 

CALENDARIO DE MATRÍCULA

A partir do luns 26 de xuño ábrese o prazo de matrícula, que se organiza nas seguintes quendas:

  Ligazón para descargar o pdf informativo

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O pasado día 5 de xuño foi o Dia mundial en defensa do medio ambiente, e o alumnado de 1º e 3º da ESO, axudados e dirixidos polos integrantes da Asociación Amicos de Boiro, saíu á praia das Sinas para contribuír á súa limpeza. Seguindo as instrucións dos nosos amigos da asociación, fumos quen de retirar uns 42 quilos de lixo, e de clasificalo para a súa reciclaxe. Queremos expresar o noso agradecemento aos membros da Asociación pola súa xenerosa colaboración á concienciación da importancia de manter limpa a nosa Ría.

Nesta ligazón podedes ver e descargar todas as fotos da actividade.

 

XORNADA DE CONVIVENCIA DOS CLUBS DE LECTURA DE 1º e 2º ESO

O alumnado dos clubs de lectura de 1º e 2º da ESO desfrutou no día previo á celebración do Día das Letras Galegas dunha xornada diversa onde puideron coñecer o funcionamento dunha fábrica no porto de Marín (resultado final da participación no programa "Atrévete"), gozar dunha xornada de convivencia na praia de Mogor e descubrir as moitas actividades que teñen na Escola de Arte de Vilanova "Caliveras" (esta última actividade en conxunto co alumnado do club de lectura de 3º e 4º). Foi unha xornada marabillosa que seguro que se repite para ano con máis lecturas, máis saídas e máis plans de coñecemento cultural e global!

PROXECTO INTERDISCIPLINARIO SOBRE AS ARTES GALEGAS

Compartimos con toda a comunidade educativa o proxecto colaborativo interdisciplinario sobre as Artes galegas. O resultado foi unha páxina web creada na plataforma Agueiro na que se recollen as actividades realizadas polo alumnado e o profesorado participante.

               Pódese acceder premendo na imaxe ou nesta ligazón:

 

SEGUNDA QUENDA DA QUINCENA DA FROITA

Continuamos coa promoción dunha alimentación saudable. As semanas da froita teñen moito éxito no Faro das Lúas, e ninguén quere quedar sen a súa brocheta. Bo proveito!

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR. CURSO 23-24

No DOG do venres, 19 de maio de 2023, publicouse a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 

prazo para presentar solicitudes xa comezou e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).

Presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Enlace á orde que regula o procedemento:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0655-100523-0001_gl.pdf

             Imaxe de Pixabay

Distribuir contido


by Dr. Radut