Skip to Content

DEPORTES TRADICIONAIS PARA 1ºESO

O alumnado de 1ºESO desprazouse ata Nantes (Sanxenxo), onde puideron gozar dunha xornada de deportes tradicionais galegos como os bolos, a chave, a petanca e a billarda. O noso IES, a través do Departamento de Eucación Física, está a participar no Plan Xogade da Xunta de Galiza. Kito Parada agarda que no mes de maio o alumnado de 1º poida iniciarse na práctica de vela. Este tipo de actividades son de moita axuda para o departamento de Eucación Física, xa que lle dan a oportunidade aos nosos rapaces e rapazas de achegarse a disciplinas deportivas que son de difícil acceso na nosa vila.

SAÍMOS NA TELE!

Moi agradecidos aos Mozos de Arousa, Raúl, Borja e Bruno, por mencionarnos no concurso "Reacción en cadena" de Telecinco, no que seguen imbatidos programa tras programa. Fíxonos moitísima ilusión que ensinaran a bolsa que lles agasallamos cando nos viñeron visitar. Se premedes na imaxe podedes ver o clip de vídeo no que nos mencionan:

O CLUB DE RADIO VISITA RADIO AROSA

Os mozos e mozas do Club de Radio visitaron hoxe os estudos de Radio Arosa Cadena Ser, en Vilagarcía de Arousa. Quedamos moi agradecidos a Montse García, locutora e presentadora da cadea, que nos fixo de guía pola emisora e nos explicou o seu funcionamento. Ademais, realizoulles unha entrevista aos membros do club: Aroa, Rita, Mateo, Adriana, Manuel e Iria, que se emitirá proximamente nun dos programas da emisora. Quen sabe se con esta visita non espertou algunha vocación no mundo da comunicación, e xa temos entre nós ás futuras estrelas da radio!

PARTICIPACIÓN NO ENCONTRO DE AROUSA MOZA

Este domingo 19 un bo número de mozos e mozas do Faro das Lúas participou no Encontro mozo organizado pola Asociación Arousa Moza en Vilanova de Arousa. Entre todos e todas aportaron interesantes propostas relacionadas cos temas que máis lles interesan. Agora toca presentárllelas aos representantes do Concello.

Nesta ligazón podedes ver a publicación dun vídeo resumo do encontro que Arousa Moza publicou nas súas redes sociais:

https://www.facebook.com/share/v/tVFUjWZKXAccnpak/

 

 

CELEBRAMOS O MAGOSTO 2023

Un ano máis celebramos a tradición do magosto no noso IES. Tivemos o a tradicional chuvia ☔ , as tradicionais castañas, os tradicionais partidos de brilé e unha visita pouco tradicional pero moi especial: invitados polo equipo de dinamización da lingua galega @verbasdofaro, os pequeniños e pequeniñas da @escoladearalde achegáronse ata o centro e foron recibidos polos seus padriños e madriñas, que lles leron uns contos galegos moi chulos, lles ofreceron unha merenda e lles ensinaron uns xogos tradicionais ben divertidos.

Podedes ver todas as fotos neste álbum.

Magosto 23 de Across

Distribuir contido


by Dr. Radut