Skip to Content

Ciencias Naturais

Charla sobre Especies vexetais invasoras

 Selecciona a imaxe para ver o álbum da actividade

 

Blog de Cultura Científica

 Entre os blogues do centro, un dos máis activo nos últimos meses é o de Cultura Científica de 1º de Bacharelato. Podedes consultalo seleccionando a seguinte imaxe.

 

Herbarios de 1º ESO

 

Neste mes de febreiro tamén fixemos unha exposición de herbarios confeccionados polo alumnado de Ciencias de 1º de ESO. E aquí se pode ver o grao de elaboración e acabado dos traballos.

Charla "A DIVERSIDADE XENÉTICA E AS SÚAS CONSECUENCIAS"

O martes, 17 de xaneiro do 2017, todo o alumnado da ESA (1º, 3º A e 3º B) asistiron a unha conferencia organizada polo centro de ensino de persoas discapacitadas, Juan María de Nigrán. Tivo lugar no auditorio municipal de Nigrán dende as 18 horas ata as 19.45.

 

Impartiu a conferencia o doutor Anxo Carracedo, catedrático de medicina legal da Universidade de Compostela, e unha eminencia en xenómica a nivel mundial

 

O título da charla foi A DIVERSIDADE XENÉTICA E AS SÚAS CONSECUENCIAS”.

Programa de recuperación de alumn@s con materias pendentes. CURSO 16-17

O 26 de outubro durante o primeiro recreo, no laboratorio de Ciencias (2º andar) teremos unha reunión informativa para explicar como é o programa de recuperación de materias pendentes de Bioloxía e Xeoloxía para este curso.

Para empezar, e por se non podedes asistir á reunión, tedes 4 adxuntos informativos:

- Datas aproximadas dos exames.

- Convocatoria desta reunión (coma sempre poranse carteis polo centro)

- Contidos mínimos para recuperar 1º ESO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA. LOMCE

- Contidos mínimos para recuperar 3º ESO.

- Contidos mínimos para recuperar 1º BAC.

- Procedemento recuperador para o alumnado de 1º PMAR (ámbito científico)

 

Os alumn@s con pendentes da anterior lei educativa (LOE): 1º ESO CIENCIAS NATURAIS e 2 ESO estarán a cargo do Departamento de Física e Química.

Se queredes coñecer os criterios de cualificación das materias pendentes os tedes como adxuntos na entrada ANEXOS DA PROGRAMACIÓN: avaliación.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut