Skip to Content

Ciencias Naturais

Saída á Foz e Praia de Ladeira

O día 1 de Xuño, o alumnado de 4º da ESO e 1º de bacharelato da materia de bioloxía e xeoloxía, realizou unha saída á Foz do Miñor e Praia da Ladeira, coa finalidade de estudiar a biodiversidades destes ecosistemas e a acción antropoxénica sobre eles.

  Selecciona a fotografía inferior para acceder ao álbum desta actividade

 

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> Foz do Miñor

Estudio interdisciplinar de plantas invasoras

Durante o presente curso académico, o alumnado de 1º de ESO de Ciencias da Natureza desenvolveu un estudo interdisciplinar sobre plantas invasoras. Dirixido pola profesora Pura González,  esta actividade foi un traballo interdisciplinar entre varios departamentos (ciencias sociais, ciencias da natureza, matemáticas) e empregou a metodoloxía da Aprendizaxe Cooperativa.

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> PlantasInvasoras

Noraboa a Ana Igea

   Damos a noraboa a Ana Igea, investigadora invitada ao noso centro, durante a celebración do Día Internacional da muller e da nena científica, na charla-coloquio De maior quero ser científica.

  Ana Igea participa na investigación dunha nova terapia contra o cancro de mama e colaborou nun artigo recentemente publicado na revista de referencia no seu campo Cancer cell.

 

Alimentación saudable

Alumnado do Ámbito Científico de 3º PMAR, en colaboración coa cafetería do centro, estiveron a traballar os Hábitos saudables de alimentación.

E este é o seu proxecto final...

Carlos Spuch en Proval

 O día 12 de abril visiotunos o Dr. Carlos Spuch, investigador senior do grupo de Neuroloxía do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. No seu laboratorio, localizado no Hospital Álvaro Cunqueiro, realiza investigacións en enfermidades neurodexenerativas e nos diferentes tipos de depresión, e tamén está interesado en coñecer como influen os hábitos de vida na aparición de patoloxías neurolóxicas.

 Nesta ocasión, ofreceu aos alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO e 1º de bacharelato unha charla moi interesante sobre o desenvolvemento do cerebro humano, as complexas conexións neuronais, e a súa relación con enfermidades neurolóxicas coñecidas polos alumnos como o Alzheimer, a esclerose múltiple, ou co consumo de substancias adictivas. O alumnado amosou moito interese por estes temas científicos, comentando as súas propias observacións e facendo preguntas. Foi unha xornada moi proveitosa que esperamos poder repetir no futuro.

 Grazas Carlos!

Preme na fotografía inferior para visualizar o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> Investigación cerebro
Distribuir contido


by Dr. Radut