Skip to Content

Carlos Spuch en Proval

 O día 12 de abril visiotunos o Dr. Carlos Spuch, investigador senior do grupo de Neuroloxía do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. No seu laboratorio, localizado no Hospital Álvaro Cunqueiro, realiza investigacións en enfermidades neurodexenerativas e nos diferentes tipos de depresión, e tamén está interesado en coñecer como influen os hábitos de vida na aparición de patoloxías neurolóxicas.

 Nesta ocasión, ofreceu aos alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO e 1º de bacharelato unha charla moi interesante sobre o desenvolvemento do cerebro humano, as complexas conexións neuronais, e a súa relación con enfermidades neurolóxicas coñecidas polos alumnos como o Alzheimer, a esclerose múltiple, ou co consumo de substancias adictivas. O alumnado amosou moito interese por estes temas científicos, comentando as súas propias observacións e facendo preguntas. Foi unha xornada moi proveitosa que esperamos poder repetir no futuro.

 Grazas Carlos!

Preme na fotografía inferior para visualizar o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> Investigación cerebro


album | by Dr. Radut