De maior quero ser científica

Enviado por iesproval o Lun, 2018-02-26 02:32

 Charla-coloquio De maior quero ser científica, impartida polas doctoras en bioloxía Ana Igea e Jezabel Varadé, investigadoras sobre o cancro e xenética, respectivamente. Na actualidade traballan no Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da Universidade de Vigo.

  Ana Igea expuxo a situación da muller na carreira científica e investigadora así como a súa traxectoria profesional. Posteriormente abriuse un coloquio con ambas científicas.

  Seleccionando a foto inferior póde accederse ao álbum desta actividade.

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> Charla dunha científica
( categories: )