Skip to Content

Ciencias Naturais

exámenes repaso ESA 2º módulo

exámenes de repaso ESA

ENQUISA : A SIDA

00/00/
Array

Os alumnos de 3º da ESO fixeron unha enquisas, coa profesora Pura González, para coñecer qué conocementos ten a mocedade da SIDA, e cómo reacciona ante esta enfermidade.

Proxecto Ríos

 O Proxecto Ríos é unha iniciativa da asociación ecoloxista ADEGA que consiste na observación e estudo dos ríos galegos coa que se pretendce facer acopio de datos sobre o estado dos mesmos, ao igual que se está a realizar en Cataluña.

Preténdese estudar as características hidromorfolóxicas do río, facer un estudo do bosque de ribeira e un estudo patrimonial da área de influencia do curso de agua, independentemente do seu caudal. A finalidade non é tanto ter datos obxectivos como concienciar da problemática ambiental das zonas húmidas de Galiza e traballar na conservación das mesmas. Por iso o traballo pódese facer tan amplo e tan exhaustivo como se queira e se poida, incorporando se se quer a eses items básicos un estudo etnográfico con patrimonio inmaterial, toponimia etc etc. Para os casos en que o estudo se faga repetidas veces, ADEGA propón a figura de adopción dese treito de río.

Dende hai uns quince anos participan nesta campaña tanto escolares coma especialistas no estudo da natureza, pasando por asociacións de veciños, familias, grupos de amigos, grupos ecoloxistas etc etc etc. Na práctica chega a ser unha desculpa para estar en contacto co río, e no fondo é unha oportunidade para os habitantes dunha bisbarra de colaborar na protección ou recuperación dos seus ríos. Pode chegarse a facer limpeza de lixo, eliminación de especies invasoras etc.

ADEGA proporciona o material que se precisa para facer a inspeción, que é, por certo, moi sinxelo, e organiza encontros anuais entre as persoas participantes para mellorar a actividade. ADEGA (asociación pola defensa ecolóxica de Galicia) é unha asociación ecoloxista que actúa en todo o noso país.

Decir tamén que os datos do Proxecto Ríos publícanse cada ano na páxina web www.proxectorios.org, e alí pódese consultar o estado dos ríos galegos.

É esta unha iniciativa aberta a todas as persoas con só comprometerse a observar un tramo mínimo de 500 metros de río.

Adxunto o arquivo PDF do traballo realizado polos alumnos e alumnas de 3º C da ESO, a partir das observacións, tomas de datos e mostras recollidas nas saídas ao río no outono de 2010 e na primavera do 2011. Tamén se pode visitar a galería de fotos que se tomaron para ilustrar o traballo

Entrevista a Isabel Bravo Portela, científica do Instituto Oceanográfico Español.

Entrevista a Isabel Bravo Portela, científica do Instituto Español de Oceanografía de Vigo.


Isabel Bravo:
“Unha das cualidades é ser moi
rigurosa e constante co método de
traballo, en investigación non se
pode andar improvisando”

A científica Isabel Bravo Portela visita Escolas Proval

00/00/
Array

A científica Isabel Bravo visita Escolas Proval

Traballo realizado por Lucía González, Juan Alonso, Jonathan Bouzada e Noe Valtierra, de 1º Bacharelato.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut