Skip to Content

Ciencias Naturais

Modelos de células

A vindeira semana remata o prazo para presentar o primeiro traballo práctico dos alumnos de 1º de ESO: OS MODELOS TRIDIMENSIONAIS DA CÉLULA.

Logo faremos unha mostra con todos eles. Os traballos entregados indican que o nivel vai ser moi alto.

Noraboa a tod@s.

Programación 2016-17: Anexos

Nos seguintes adxuntos figuran algúns anexos da Programación do Departamento que poden ser de interese.

Galería de fotos do Día da Inmunoloxía

 

 Xa está dispoñible a galería de fotos da charla a cargo da Catedrática da Universidade de Vigo África González, responsable do Centro de Investigacións Biomédicas. Celebrouse no marco das actividades do Día Internacional da Inmunoloxía organizadas polo Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía.

 

Información do 2º exame para alumnado con materias pendentes de Ciencias

O vindeiro 13 de abril farase o segundo exame parcial das materias pendentes (a convocatoria figura nun adxunto).

Os alumnos e alumnas que acadaron menos dun 3 no primeiro exame parcial (as notas figuran nun adxunto) non teñen dereito a facer este exame. Terán que examinarse no exame final de toda a materia.

Os alumnos e alumnas que acadaron 3 ou máis no primeiro exame parcial poden facer este segundo exame. A nota final será a media dos dous exames. No caso de suspender terán que facer o exame final.

O temario de 3º de ESO incluirá os temas do 1 ao 9.

Actividades en Proval no día internacional da inmunoloxía.

O departamento de bioloxía e xeoloxía do IES Escolas Proval, con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA INMUNOLOXÍA ( 29 de Abril de 2016) e en colaboración coa Universidade de Vigo, realizará as seguintes actividades:

•        Charla “ Similitudes entre o sistema nervioso e sistema inmunitario” a cargo da profesora  Africa González Fernández,  catedrática de Inmunoloxía da universidade de Vigo  e directora do Centro de Investigacións  Biomédicas (CINBIO)  o día 26 de Abril de 12:50 a 14:30 dirixida ao alumnado de 3º da ESO e 2º de bacharelato que cursa a materia de bioloxía no laboratorio de ciencias.




•        Elaboración de actividades de formato libre:  redacción, teatro, xogo, vídeo...por parte do alumnado de 3º da ESO. O alumno/a que realice o mellor traballo será premiado co libro " Los misterios del sistema inmunitario" editado por la sociedad española de inmunología  e cedido por el departamento de inmunoloxía da Universidade de Vigo.

Distribuir contido


by Dr. Radut