Skip to Content

Charla "A DIVERSIDADE XENÉTICA E AS SÚAS CONSECUENCIAS"

O martes, 17 de xaneiro do 2017, todo o alumnado da ESA (1º, 3º A e 3º B) asistiron a unha conferencia organizada polo centro de ensino de persoas discapacitadas, Juan María de Nigrán. Tivo lugar no auditorio municipal de Nigrán dende as 18 horas ata as 19.45.

 

Impartiu a conferencia o doutor Anxo Carracedo, catedrático de medicina legal da Universidade de Compostela, e unha eminencia en xenómica a nivel mundial

 

O título da charla foi A DIVERSIDADE XENÉTICA E AS SÚAS CONSECUENCIAS”.

Dada a impresionante capacidade divulgativa do científico o noso alumnado foi quen de comprender o que alí se expuxo, aprender moitas cousas de bioloxía e de certas enfermidades ao tempo que disfrutaron da oportunidade de acercarse ao saber por unha vía distinta da habitual. Ademáis a actividade propiciou o encontro entre o alumnado e o alumnado e profesorado nun marco distinto do cotián o que redunda en boas relacións sociais na comunidade educativa.

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut