FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Recomendámosche
Actividade 25N: arquitectura e violencia de xénero
Enviado por olga.mcabalar o Mér, 29/11/2023 - 12:31Coreografía "Figa" de Tanxugueiras
Enviado por Anónimo o Ven, 23/12/2022 - 15:19Baile para o segundo certame Coreografíate na categoría de centros de ensino.
Bailadoras: Nerea, Noemí, Cloe, Martina, Lara, Antía, Rebeca, Anxo, Adriana e Faia.
Coordinación: Eva de la Torre e Micaela Rei
Montaxe do vídeo: MIguel Gil
Día do Libro, 2018
Enviado por admin o Lun, 23/04/2018 - 13:14Máis información no blog da biblioteca: Lecturamos
Actividades do Pi Day no IES Mugardos
Enviado por Covadonga o Mér, 21/03/2018 - 23:55O mes 3, día 14 celebramos no IES Mugardos o Pi Day con actividades que foron moi ben acollidas polo alumnado. No concurso de PiTuit houbo aportacións de moita calidade resultando gañadore Bruno Suárez de 2º ESO A, en 2º lugar Juan Pena, de 2º ESO A e en terceiro Lorena Álvarez también de 2º ESO A.
O I Campionato de Pi-Memoria contou cunha participación inesperada de 57 persoas entre alumnado e profesorado. Ós resultados foron sorprendentes acadando o primeiro posto a profesora Olga Recio que acadou unha puntuación de 185 puntos xunto co alumno de 4º ESO Brais García que escribeu sen fallos os 155 primeiros decimais de Pi; en segundo lugar con 75 decimais clasificouse Marta Rumbo, de 4º de ESO e en terceiro lugar Elisabth Bejarano de 2º de ESO A con 70 decimais. Como se pode apreciar, o nivel da competición foi moi alto.
Os premios foron entregados na Gala do número Pi que foi presentada polas alumnas de 2º de bacharelato Fátima Cancela, Sofía Díaz e Raquel Santamariña.
DÍa da Paz
Enviado por admin o Mar, 30/01/2018 - 21:19
Mural de carteis do Día Escolar pola non violencia e a paz
Contras as violencias machistas
Enviado por admin o Sáb, 25/11/2017 - 12:28
Na véspera do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, o alumnado de 2º, 3º, 4º ESO e 1º bacharelato asistiu a unha charla coas integrantes do Patronato Concepción Arenal. O acto estivo integrado na campaña En negro, contra as violencias.
Tamén se proxectou o video coordinado polas profesoras Olga Cabalar e Begoña Allegue sobre os estereotipos machistas na publicidade. Observade con atención como se trataba á muller hai tan só unhas décadas e como o alumnado da ESO e Bac. lle deron a volta.
Contas de usuario para o profesorado
Enviado por galego o Mér, 31/08/2011 - 22:46Benquerido/a compañeiro/a:
Este curso recuperamos a páxina web do instituto. O enderezo dependente da consellería é o mesmo (http://www.edu.xunta.gal/centros/iesdemugardos/), pero mudamos o deseño e ampliamos os contidos. Paseniñamente irémolo enchendo de información (oferta educativa, prazos de matrícula, horarios...) e esperamos que tamén de usuarios/as.
O servizo web ofrécenos a cada profesor/a unha conta de usuario para crearmos estes contidos no noso propio espazo. O seu funcionamento é semellante ao dun blog coa vantaxe de estar directamente ligado á páxina do centro, aos departamentos e aos grupos que impartimos clase.
Ademais da web, tamén seguimos dispoñendo dunha galería de imaxes e dunha aula virtual para aloxar materiais didácticos en forma de cursos e poñelos a disposición dos alumnos/as. Poden ser tres ferramentas moi útiles para o teu labor docente.
Para comezar a colaborar só tes que reenviar este correo indicando no ASUNTO: Solicitude conta de usuario. Axiña recibirás un nome de usuario/a co teu contrasinal e as instrucións de funcionamento.
Moitas grazas. Feliz curso.
Anamorfose
Enviado por admin o Mér, 03/08/2011 - 22:38
Tes visión anamórfica para ler esta curiosa pintada no patio do noso instituto? |
ANAMORFOSE: (do grego ἀναμόρϕωσις anamòrfoṡis "reformación, reversión da forma") é un efecto de perspectiva utilizado nas artes visuais para forzar o observador a se colocar nun determinado punto de vista, o único a partir do cal o elemento recupera unha forma proporcionada e clara.
Amplía a túa visión na rede: