Skip to Content

Erasmus +      Comedor             

      

Forestais e Agraria

Xefe do Departamento: Maria do Carmo Míguez Novoa

Novo ciclo medio de Produción Agropecuaria

A partir do vindeiro curso 2020/2021 o noso centro aumentará a súa oferta formativa cun novo ciclo medio da familia agraria.

O prazo de matrícula está aberto do 25 de xuño ao 8 de xullo.

Datas de presentación de documentos para a FCT e proxectos de ciclos formativos.

Achéganse calendarios para:

  • Proxecto de Xestión Forestal e Conservación do Medio Natural. ENLACE.
  • Formación en centros de traballo para o CS de Xestión Forestal e do Medio Natural. ENLACE.

Un alumno do noso centro recibe o premio extraordinario de FP.

O pasado día 22 de febreiro tivo lugar o acto de entrega dos premios extraordinarios de FP, bacharelato e ensinanzas artísticas outorgados pola consellería de educación.

Nese acto, o alumno do noso centro Jesús Regal Rodríguez, do ciclo superior de xestión forestal e do medio natural recolleu o "Premio extaordinario de ciclo superior de FP 2016/2017".

Dende o centro queremos felicitalo pola obtención deste premio e desexarlle moito éxito na sua carreira profesional.

Na imaxe inferior aparece acompañado pola directora María Garrído e a xefa de estudos Pilar Pérez. Pódese acceder á galería de fotos premendo na imaxe.

Presentacións de fitopatoloxía

Preme aquí para acceder ao contido.

 
Distribuir contido


by Dr. Radut